Sociedad
Carballo

O detido pola agresión que acabou coa vida dun home en Carballo pasará mañá disposición xudicial

Patrulla da Garda Civil / Europa Press Arquivo

Carballo

Axentes da Garda Civil detiveron un home investigado por suposto homicidio tras morrer un veciño de Carballo na rúa despois de telo agredido.

Os feitos ocorreron ao redor das 6 da tarde de onte martes na rúa Vila de Corcubión de Carballo, nas inmediacións do colexio Alfredo Brañas xusto á hora de saída do alumnado.

Ao lugar dos feitos acudiron dúas ambulancias do 061 e persoal sanitario do PAC de Carballo para atender á vítima, M. G. F., de 54 anos, que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña ( Chuac), onde faleceu.

A Policía Xudicial abriu unha investigación para esclarecer os feitos e detivo ao presunto agresor do falecido, que permanece detido á espera de que conclúa o informe, está previsto que pase a disposición xudicial mañá xoves. O asunto está a ser tratado polo Xulgado de Instrución número 1 de Carballo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00