Ocio y cultura
Día del libro

Contacontos, obradoiros ou entrega de plantas por mercar libros

Barbadás celebrará o día 23 de abril o 'Día do Libro'

Contacontos, obradoiros ou entrega de plantas por mercar libros / Concello de Barbadás

Barbadás

Achégase o 23 de Abril, “DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO” e o Concello de Barbadás conmemora esta data tan especial para a Educación e a Cultura organizando unha serie de actividades lúdicas e promocionando o comercio local: librarías e floristerías.

Un grupo de 38 nenos e nenas da Escola Infantil de Barbadás visitarán a Biblioteca Municipal para participar en diversas actividades. Este grupo de cativos e cativas coñecerán o espazo físico da sala infantil da Biblioteca de Barbadás coa finalidade de fomentar a lectura e crear a costume de ir a este espazo. Os cativos e cativas menores de 3 anos experimentarán coa creación de portadas de libros con pintura de dedos, contacontos onde interactúan entre eles e elas, teatro adaptado ás crianzas e contacontos.

As Librerías: “Moraima” , “A Valenzá” , “Carlín” , “Espa” , estarán o longo do día, (se as condicións metereolóxicas o permiten) no exterior dos seus establecementos ofrecendo descontos. Por cada libro que merquen darase un vale para conseguir gratis unha planta. Os establecementos floreiros asociados serían: Zeltia , Mimi , Cuatro Estaciones e Leira Verde.

Ás 18h , celebrarase un OBRADOIRO para os nenos e nenas de 5 a 7 anos , que se vai desarrollar na Biblioteca Municipal , promovido pola Concellería de Cultura. Este obradoiro está conformado polos seguintes apartados:

– Investiga con nós: “ A Cadeira”.

– Improvisa con nós: “Caixa sorprea”

-“Recollida de froitos da árbore literaria”

Para inscribirse neste evento debes mandar un email a: biblioteca@barbadas.es e reservar praza. Pode vostede mandar o nome do nen@, idade e teléfono de contacto.Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID. Esta actividade ten prazas limitadas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00