Domingo, 16 de Mayo de 2021

Otras localidades

FÚTBOL

O comité galego de adestradores da RFGF homenaxeará aos técnicos de honra

O Comité Galego de Adestradores percorrerá Galicia para homenaxear aos que puxeron a primeira pedra de fu´tbol e fútbol sala maiores de 65 anos

O Comité Galego de adestradores da RFGF homenaxerá aos técnicos de honra

O Comité Galego de adestradores da RFGF homenaxerá aos técnicos de honra / RFGF

Pasado, presente e futuro. O Comite Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol segue formando cada tempada aos técnicos do futuro. Pola Escola Galega desfilaron moitos adestradores que actualmente imparten maxisterio no fútbol profesional. Moitos chegaron ao máis alto e lograron facerse un nome; outros optaron por trasladar a súa ensinanza e a súa experiencia na terra, na casa, e cos máis novos.

Currículos e traxectorias aparte, o fútbol é un deporte universal e a figura do adestrador segue sendo capital para o departamento que hoxe dirixe Iván Cancela na Federación. Por iso, o Comité Galego de Adestradores da RFGF decidiu dar un paso máis e renderá unha merecida homenaxe aos que puxeron a primeira pedra, a todos aqueles técnicos de fútbol e fútbol sala maiores de 65 anos que desenvolveron o seu traballo durante polo menos 15 anos. E faro ao grande, percorrendo todas as delegacións federativas de Galicia para recoñocer publicamente a todos/as os que axudaron a fecr aínda máis grande esta marabillosa profesión.

Para render tributo aos que en moitos casos foron ´´ pioneiros´´ en Galicia, o Comité Galego de Adestradores celebrará oito sinxelos actos en oito puntos diferentes da xeografía galega (Vigo, Santiago, Ferrol,Lugo, Ourense, Pontevedra, A cORUÑA E a Costa) durante os meses de maio e xuño.

En cada lugar, o Comité fará entrega a cada un dos homeneaxeados do carné de honra, un diploma e unha camisola conmemorativa da homenaxe. Ademais, tamén levará a cabo unha charla coloquio na que participarán todos os técnicos homenaxeados que vivirán ao redor das diferenzas do fútbol de antes co balompé actual. En definitiva, fútbol e fútbol sala en estado puro.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?