Deportes
CD Lugo

Carlos Pita: "Para nós é mellor que nos dean por mortos"

O capitán do CD Lugo cre que o cambio de adestrador chega a tempo para salvar a tempada

Carlos Pita na celebración dun seus goles / LaLiga

Lugo

Carlos Pita é parte da historia do CD Lugo. O capitán, o cinco, que tantas alegrías lle deu a toda a cidade amurallada. Inmerso nunha terceira tempada de infarto na que o obxectivo da permanencia se tambalea máis que nunca, Pita pide crer."Fóra dannos por mortos, e para nós é mellor, pero a moral do equipo está alta e todavía estamos a tempo de conseguir o obxectivo", asegura.

O CD Lugo afronta esta recta final de Liga ocupando a penúltima posición da táboa clasificatoria. 37 puntos no casilleiro e sen saber o que é gañar dende xaneiro. A xeira non é boa, "nin a situación é semellando a das dúas últimas tempadas", pero Carlos Pita ve ó equipo "ben e coa idea de xogo definida".

Ó rol do capitán é claro: " intentar ser positivos". Din que a experiencia é un grao e nesto de tirar do carro Carlos Pita e Fernando Seoane están máis que rodados. "Agora co protocolo Covid-19 temos que durmir separados, e ainda que a xente pense na renovación nós agora mesmo priorizamos salvar ó equipo. Logo xa veremos", confesa.

Malia que a inestabilidade no banquillo xa é o apelido desta SAD, o último golpe de timón semellaba ser máis que necesario, e malia que o tempo apreta, Carlos Pita considera que a chegada de Rubén Albés "chega a tempo", para marcar outro rumbo.

A próxima cita terá lugar en Gijón. O Sporting,que durme quinto, non ven tampouco dunha boa xeira, o certo é que o escenario é o que máis lle convén ó equipo de Albés. Con todo, Pita non quere pensar no rival. "Non temos que pensar nin na súa xeira nin na nosa só pensar en que hai que gañar", sentencia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00