Sociedad
A Costa da Morte

O parque do Megalitismo dá outro paso para facerse realidade

O Consello de dirección reuniuse en Laxe para deseñar novas accións

Reunión do parque do megalitismo / Deputación da Coruña

Laxe acolleu unha nova xuntanza do Consello de Dirección do Parque do Megalitismo. O equipo directivo, composto pola Deputación e dez concellos da bisbarra, deseñou un plan de acción para consolidar un dos proxectos estrela da Costa da Morte. A directiva dou luz verde á sinalización dalgunhas zonas de alto valor megalítico, aprobando tamén un programa de actividades a desenrolar no mes de xuño.

Os participantes na xuntanza coincidiron no obxectivo de conseguir que o patrimonio histórico da bisbarra sexa tamén un motor de turismo cultural. Nese senso, aprobouse levar a cabo unhas xornadas do 17 ao 19 de xuño para coñecer os principais bens patrimoniais da comarca. O dolmen de Dombate, Pedra Cuberta, Arca da Piosa ou o dolmen de Parxubeira serán algúns dos lugares a visitar. A Casa de Eduardo Pondal de Ponteceso será o espazo no que se fale da época histórica dos dolmes, dos avances nos estudos arqueolóxicos ou os modelos de intervención e promoción. Tamén haberá espazo para actividades máis lúdicas como a observación da lúa e o sol dende Punta Nariga ou accións nas Torres do Allo, Forno do Fonte ou Castelo de Vimianzo.

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou a potencialidade que ten o Parque para desestacionalizar o turismo ao tempo de poñer en valor o rico patrimonio megalítico. Os participantes compartiron o estado dos trámites para adquirir terreos, conservar monumentos e facilitar os accesos. Dende a Deputación informouse da necesidade de contar con paneis explicativos en cada monumento e das características deses paneis. Ademáis incidiuse na necesidade de dotar de sinais informativas á Autovía da Costa da Morte e noutras estradas.

Participantes e monumentos

Na xuntanza de hoxe tomaron parte os alcaldes e alcaldesas de Laxe, Dumbría, Zas, Cabana, Vimianzo e A Laracha, ademais de representantes de Ponteceso, Malpica e Mazaricos.

O Parque do Megalitismo está compopsto polos monumentos existentes nos concellos de Carballo (Pedra Moura de Aldemunde), Dumbría (Casa dos Mouros e Pedra da Arca), Laxe (Fornela dos Mouros), Malpica (Pedra da Arca), Mazaricos (Mina da Parxubeira), Vimianzo (Pedra Moura de Monte Camio, Pedra Cuberta, Casota de Berdoias, Arquiña de Vilaseco, Pedra da Lebre de Serramo, Mina de Recesindes e Arca de Rabós), Zas (Pedra Vixía e Arca da Piosa), Cabana de Bergantiños (Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate), A Laracha (Menhir de Erboedo) e Ponteceso (Menhir de Fuso da Moura).

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00