Viernes, 06 de Agosto de 2021

Otras localidades

Verano

Este mércores abren as piscinas de Frigsa

Mantéñense os prezos, 1 euro para a mocidade até os 15 anos, 2.20 euros para adultos e 11.10 euros para pensionistas

O aforo máximo permitido da instalación será de 300 usuarias e usuarios

O aforo máximo permitido da instalación será de 300 usuarias e usuarios / Cedida

As piscinas exteriores de Frigsa abrirán ao público este mércores, 16 de xuño, ata o 15 de setembro, "garantindo todas as medidas de seguridade-hixiénico-sanitarias", segundo apunta  Mauricio Repetto, responsable da área de Deportes do Concello de Lugo.

O aforo máximo permitido da instalación será de 300 usuarias e usuarios, "delimitando a zona verde en 5 zonas para distribuír aos usuarios de maneira que se manteña distancia de seguridade e non se produzan aglomeracións de grupos". Os aseos dos vestiarios e as duchas exteriores poderán ser utilizadas polos bañistas e o horario de apertura das piscinas será de luns a venres, de 12:00 a 20:30 horas e, de 12:00 a 20:00 horas, os sábados e os domingos.

O concelleiro indicou que se manteñen os prezos de tempadas anteriores e serán de 1 euro para a mocidade até os 15 anos (10'80 € o abono de 15 baños); de 2'20 € para adultos, maiores de 16 anos, (22'30 € o custo do abono) e 11'10 € para pensionistas e para familias a partir de tres membros, 29,90 € (o abono de 15 baños) e 59,10 € (o abono de 30 baños).

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?