A Laracha preocupada ante a suba de casos
A Coruña
O comité clínico dou un respiro a Laracha no día de onte. Os expertos que asesoran á Xunta consideran que a situación sanitaria non debe provocar o establecemento de restricións pero a preocupación na vila é evidente.
Nos últimos días o número de casos activos no concello viña experimentando un crecemento paulatino ata acadar os 16 na fin de semana. O luns supuxo un respiro cunha baixada que deixou a cifra en dez. Pero onte, día da reunión do comité, A Laracha sumou 11 positivos nunha xornada acadanado un total de 21. Hoxe engadiu catro máis e xa está en 25. O alcalde fixo hoxe un chamamento en Radio Nordés á prudencia, solicitando á veciñanza que non baixe a garda para evitar probelmas sanitarios e o establecemetno dunhas restricións que volvan a amolar ao sector hostaleiro