Domingo, 26 de Septiembre de 2021

Otras localidades

Teatro

"A lúa vai encuberta" chega a Ourense nun acto de "xustiza poética"

A peza de Manuel María foi escrita para a Agrupación Cultural Auriense

 Melania Cruz, Tito Asorey, Vanesa Sotelo y  Davide González

Melania Cruz, Tito Asorey, Vanesa Sotelo y Davide González / Radio Ourense

O Teatro Principal quenta motores para a súa nova programación coa obra gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos teatrais. "A lúa vai encuberta", dirixida polo ourensán Tito Asorey, representarase o vindeiro venres 10, sábado 11 e domingo  12  no Teatro Principal de Ourense.

Hoxe, 17 anos despois da morte do poeta Manuel María, presentábase este espectáculo que, Tito Asorey, definía como "teatro documental". Nesta peza o poeta da chairego "selecciona e ordena pasaxes da nosa historia para levar a nosa atención tanto sobre as forzas activas como as que foron ocultadas". Por certo, Asorey non só dirixe, tamén, e por primeira vez, actúa. O mesmo acontece coa dramaturga Vanesa Sotelo.

"A lúa vai encuberta" é unha coprodución que conta, entre outros, co apoio da Deputación do Ourense. Precisamente o espectáculo ten moito que ver con esta terra. A primeira oportunidade para asistir a este espectáculo será o venres 10 ás nove da noite. Un acto case de "xustiza poética", tal e como afirmou Asorey, xa que a obra foi escrita para a Agrupación Cultural Auriense no ano 1977 e non chegou a ser representada.

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?