Sábado, 18 de Septiembre de 2021

Otras localidades

A Costa da Morte

Empezou o curso en tódolos colexios da Costa da Morte menos no de Camelle

Colexio de Camelle

Colexio de Camelle / Cedida

Uns 6.620 alumnos e alumnas empezaron o curso escolar 2021-2022 na zona. A primeira xornada transcorreu con certa normalidade, aínda que non exenta de algún contratempo. Algún problema illado no transporte escolar ou no servizo de comedor como no colexio Canosa-Rus onde a ANPA reclama que se atendan tódalas solicitudes para este servizo. Ata este centro desprazouse o deputado Socialista Martín Seco para amosar o apoio do grupo socialista no parlamento ás demandas das familias.

Tamén escolleu a nosa comarca neste inicio de curso a portavoz nacional do BNG Ana Pontón, Dende o Colexio Fogar de Carballo reclamou á xunta manter ou aumentar o número de profesores, aproveitou para reclamar a circunvalación, unha obra moi necesario e que contribuirá a aumentar a seguridade do alumnado ao reducir o tráfico no centro urbano.

Onde non empezou o curso foi en Camelle ao carecer de profesor. Trátase dun centro pequeno cunha aula pra o alumnado de infantil e os 2 primeiros cursos de primaria. O luns a profesora colleu a baixa laboral pero dende a consellería nin se informou ás familias nin se designou un substituto.

Segundo conta a presidenta da ANPA Digna Rodríguez non é o primeiro ano que acontece isto, polo que dende as familias consideran que o que se busca e desmantelar o centro e obrigalos a levar aos rapaces ao colexio da Ponte do Porto.

Indica a presidenta que, tanto dende a directiva da ANPA como dende o goberno local, levan días intentando contactar con algún responsable de inspección sen conseguilo.

Ante esta situación as familias xa non levaron aos rapaces ao colexio.

Finalmente, sobra as 11 da mañá, sen aviso ás familias, foi ao centro un profesor do colexio da Ponte do Porto, dende a ANPA consideran que se trata simplemente dunha manobra para poder dicir que si se abriu o centro.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?