Miércoles, 26 de Enero de 2022

Otras localidades

Diputación Provincial Pontevedra

Un roteiro histórico nunha contorna rururbana

O Camiño Real entre Cangas e Moaña, exemplo para mellorar a mobilidade natural

Facultade Agora

Facultade Agora / Deputación Pontevedra

A intervención realizada no Camiño Real que paralelo ao litoral dos municipios de Cangas do Morrazo e Moaña, no marxe norte da ría de Vigo, serviu para explicar o caso práctico da última sesión antes do verán da Facultade Ágora, no capítulo sobre mobilidades alternativas. O arquitecto Martín Barreiro, do estudo Rururbán foi o encargado de presentar esta solución.

Recuperar un antigo camiño para a convivencia das tres principais mobilidades peonil, ciclista e motorizada foi o encargo que recibiron. Trátase dun continuo edificatorio con espazos e edificios que datan dos últimos 60 ou 70 anos, xa que a mediados do século pasado estes dous territorios soportaban unha presión inmobiliaria moi inferior á actual.

Este tipo de territorios suscitan en Galicia un debate que vai máis aló do que algunha xente tenta reducir ao “feísmo”, que agocha unha verdade moito máis profunda: a inexistencia de políticas marco pensadas especialmente para este tipo de contornas, que non teñen fácil encaixe nos ámbitos urbanos —“é necesario superar o urbanocentrismo, dixo Barreiro— nin nos puramente rurais. “Non podemos importar nada, pois é un espazo moi singular que hai que ir adaptando ás competencias e normativas dos distintos ámbitos administrativos dos que dependen o territorio e a mobilidade”.

A intervención consistiu en adoptar un concepto singular: a “vía azul”, en contraposición a outros dous modelos de tratamento deste tipo de espazos nos que a mobilidade natural é protagonista. Trátase da beiravía-bici, que se sitúa nas marxes dunha estrada e poden ser destinados á circulación de bicis e persoas, e do paseo-roteiro, destinados predominantemente ao lecer e construídos sobre todo en zonas de protección costeiras ou fluviais.

En cambio a “Rúa Azul”, o concepto adoptado para este Camiño Real, configúrase como un itinerario que atravesa zonas habitadas de baixa densidade, conectando equipamentos e xerando actividades, xa que ademais dunha vía de comunicación inclúe tamén a habilitación espazo público de calidade para a vida colectiva, polo que se converte nun paseo de prioridade peonil capaz de responder as necesidades dos seus habitantes pero tamén serve como espazo de xogo ou roteiro turístico.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?