Domingo, 24 de Octubre de 2021

Otras localidades

Diputación Provincial Pontevedra

O ecuador de Ágora

A experiencia pedagóxica de 200 persoas que xa viron pasar 26 profesores e profesoras polo seu atril

Ecuador Ágora

Ecuador Ágora / Ágora

A Facultade Ágora superou o seu ecuador, unha vez superados dous dos catro eixos temáticos, dedicados ao bo urbanismo e á boa mobilidade. As sesións supuxeron para o seu alumnado, composto por unhas 200 persoas, asistir a seis seminarios en venres alternos, con catro conferencias cada un, polo que pasou polas aulas xa a metade do corpo docente.

Estiveron neste atril pedagóxico xa 26 dos mellores especialistas e protagonistas que traballan en traducir a mobilidade ás necesidades máis contemporáneas e sustentables, as que se expoñen salvar á vez o planeta e o espazo público que as persoas utilizan na súa vida diaria, o seu medio ambiente.

As sesións son introducidas e mantidas polo deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxío Benítez, que ten un obxectivo moi concreto a bordo deste departamento: que ao final do seu mandato poida facerse un balance concreto do número de metros cadrados recuperados e dignificados como espazos públicos de calidade en toda a provincia.

Aínda que a Facultade está aberta a persoas de fóra do ámbito provincial, a maioría do alumnado forma parte dos municipios pontevedreses, entre os que a Depo promoveu a asistencia tanto de persoal técnico como político. Quixeron implicar, ademais de profesionais do urbanismo, as obras públicas ou a seguridade, a quen en definitiva ten que tomar as decisións últimas relacionadas coa mellora do espazo.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?