Sociedad
A Costa da Morte

Veciños da Costa da Morte impulsan unha Plataforma contra as estafas bancarias por internet

Costa da Morte

A reducción de horario de atención ou o peche de oficinas bancarias, entre outras causas, obrigan a utilizar cada día máis a banca electrónica, iso conleva un incremento no número de estafas por internet.

 A partir da denuncia feita aquí en Radio Nordés hai unha semana por Andrea Reborido, veciña da Agolada en Coristanco, foron moitos os que se puxeron en contacto con ela para unirse nunha demanda conxunta.

 Aínda que polo de agora a plataforma está en creación xa son 35 membros, a maioría pertences a concellos da Costa da Morte pero tamén hai xente da zona de Ferrol ou Santiago.

 En conxunto, a cantidade estafada supera os 200.000 €. pero están convencidos de que en realidade son moitos máis, fan un chamamento a que a xente denuncie e se una á plataforma para conseguir que as entidades bancarias se fagan responsables. Consideran que os bancos non están poñendo tódalas medidas necesarias para evitar as estafas.

O banco que sae peor parado é Abanca, a práctica totalidade dos integrantes da plataforma foron estafados nas contas que tiñan nesta entidade.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00