Sociedad
Emilia Pardo Bazán

A Xunta anuncia unha mostra sobre Emilia Pardo Bazán nos xardíns de Meirás

O congreso de Emilia Pardo Bazán comeza cun reconomiento a Xosé Ramón Barreiro Os principais expertos sobre a escritora debaterán durante cinco días unha figura poliédrica e esencial

Inauguración del Congreso sobre Emilia Pardo Bazán / Universidade da Coruña

A Coruña

A Xunta de Galicia organizará unha exposición sobre a figura de Emilia Pardo Bazán nos xardíns do Pazo de Meirás, as torres que a propia escritora ordenou construír. O goberno autonómico mantén desta forma a súa aposta por vincular os usos do inmoble con Pardo Bazán, fronte ás propostas da esquerda que o priorizan como espazo de recuperación da memoria histórica. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciouno na Coruña na inauguración dun congreso sobre a figura da escritora.

Máis de medio centenar de expertos de corenta universidades participan neste Congreso sobre a figura de Emilia Pardo Bazán que se celebra no Paraninfo da Universidade no ano do centenario do falecemento da escritora. O reitor Julio Abalde e o Conselleiro de educación inauguraron unhas xornadas que comezaron cun recoñecemento a Xosé Ramón Barreiro, o presidente da Real Academia Galega que impulsou de novo a institución e recuperou a figura de Pardo Bazán e deulle proxección.

A homenaxe correu a cargo do académico e intelectual Xosé Lois Axeitos que lembrou que a familia de Pardo Bazán legou a súa casa en cálea Tabernas para que fose sede da Real Academia Galega coa condición de que se situase tamén unha Casa Museo de Emilia Pardo Bazán que se ocupase de recuperar e promocionar a súa figura. Décadas despois do compromiso foi Barreiro quen se ocupou da restauración de Cásaa Museo, editou a revista A Tribuna e dotou de contido á institución mentres se ocupaba de impulsar tamén unha Real Academia Galega que vivía unha etapa de atonía, segundo Axeitos.

A novelista e Premio das Letras Españolas Carmen Rise, académica da Real Academia Española, pronunciou a primeira conferencia disertando sobre o rexeitamento, en dúas ocasións, á candidatura de Pardo Bazán para ingresar na Academia Española pola súa condición de muller. A RAE asignoulle, neste ano do seu centenario, a cadeira de brazos 47 tras o recoñecer o dano causado. O Congreso, titulado "Emilia Pardo Bazán no seu centenario. Literatura e vida nos séculos XIX, XX e XXI", durará catro días e desenvolverase na Universidade da Coruña e na Fundación Barrié.

O catedrático do University College de Londres Gareth Wood e o profesor da Universidade de Amsterdam Germán Gullón participarán nesta cita, como tamén a catedrática da Universidade de Barcelona María Luisa Sotelo, as profesoras italianas Daniella Pierucci da Universidade de Pisa ou Valentina Nider de Trento, xunto ao catedrático barcelonés de orixe galega Adolfo Sotelo.

As principais universidades norteamericanas estarán representadas por Denise DuPont ou Jennifer Smith, formadas nas Universidades de Yale e Harvard, respectivamente, por Francisca González-Arias da Universidade de Boston ou Íñigo Sánchez-Chama de Purdue University.

O congreso prevé ademais unha ofrenda floral á escritora nos Xardíns de Méndez Núñez e unha visita ás Torres de Meirás.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00