Sociedad
A Costa da Morte

A Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco e Ponteceso firman o 'Proxecto Anllóns' coa Deputación

O obxectivo fundamental é promocionar e desenvolver o turismo a través de iniciativas que teñan o río Anllóns como eixo central

Firma do Proxecto Anxllóns / Deputación da Coruña

Costa da Morte

A Deputación da Coruña e os alcaldes dos concellos da Laracha, Cabana, Carballo, Coristanco e Ponteceso veñen de formalizar o convenio marco do denominado ‘Proxecto Anllóns’. O acordo foi asinado esta mañá en sede provincial polo presidente, Valentín González Formoso, e polos alcaldes do cinco concellos, José Manuel López Varela, José Muíño, Evencio Ferrero, Juan Carlos García Pose e Xosé Lois García Carballido.

 González Formoso explicou que este convenio marco permitirá crear un ente de cooperación intermunicipal que permita xestionar e impulsar o 'Proxecto Anllóns', entre cuxos obxectivos está o de “promocionar e desenvolver un modelo de turismo sostible a través de iniciativas que teñan o río Anllóns como eixo central”.

 O presidente da Deputación subliñou “a importancia da colaboración institucional para xestionar este ambicioso proxecto, entorno a un río de máis de 54 quilómetros que vertebra a comarca de Bergantiños” e que incluirá accións para a recuperación e posta en valor da arquitectura tradicional e a paisaxe natural das ribeiras do Anllóns.

Pola súa banda, o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira explica que o “proxecto pretende poñer en valor, en primeiro lugar, a riqueza ecolóxica e a biodiversidade do trazado do río Anllóns, mais tamén desenvolver accións relacionadas co patrimonio innmaterial e mesmo coa identidade cultural relacionada co propio río”. Neste sentido, salienta a importancia do propio trazado do río que nace na parroquia de Soandres, no Concello da Laracha, e percorre a comarca natural vertebrándoa ata desembocar no estuario de Anllóns, en Ponteceso.

 Co obxecto de preservar a biodiversidade e o patrimonio natural propio desta comarca, o proxecto contemplará accións de recuperación do bosque de ribeira e a erradicación da flora alóctona e plantas invasoras en ámbitos próximos ao río, que serán complementadas con accións divulgativas entre a comunidade escolar.

 Entre as iniciativas a incluír no proxecto tamén se valorarán as relacionadas co patrimonio inmaterial e a identidade cultural relacionada co río Anllóns, como poden ser a recuperación de sendeiros de pescadores, a posta en valor de lendas e de historias de tradición oral ou iniciativas relativas a infraestrutuas fluviais como minicentrais ou muíños de batán.

 A formalización deste convenio, que ten unha duración inicial de 4 anos, e chega despois da súa aprobación en acordo plenario no pasado mes de xullo. As súas bases detallan o procedemento a levar a cabo para a xestión conxunta do Proxecto, para o que deberá redactarse unha memoria e un plan director.

 O espazo de cooperación estará impulsado e dirixido a través dun órgano colexiado que se denominará Consello de Dirección e que estará formado por dous representantes de cada unha das corporacións participantes, incluída a Deputación da Coruña, que prestará tamén apoio administrativo, asesoramento xurídico e económico.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00