Domingo, 17 de Octubre de 2021

Otras localidades

EQUIGAL

O Pazo de Feiras abre as súas portas a unha nova edición de EQUIGAL

A cita terá lugar nas vindeiras fins de semanas ata o 17 de outubro e contará coa participación de 250 exemplares equinos

Inauguración da nova edición EQUIGAL coas autoridades

Inauguración da nova edición EQUIGAL coas autoridades / Cedida

Arranca unha nova edición do Salón Internacional do Cabalo, EQUIGAL, no Pazo de Feiras de Lugo. Esta edición, que recupera a presencialidade, levarase a cabo ata o 17 de outubro coa participación de 250 exemplares equinos.

Durante a pasada fin de semana, EQUIGAL reuniu aos participantes do Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Árabe, e os actos continúan esta fin de semana co Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española e a exhibición de cabalo Pura Raza Galega e a copa galega de Enganche Federado.

Na presentación desta nova edición estivo o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón. Rivera destacou a importancia desta cita para a cidade de Lugo e para a provincia, en tanto que "contribúe á recuperación da actividade económica de sectores como a hostalería, o turismo ou o comercio". "A provincia de Lugo é un referente no sector gandeiro e a aposta polo mundo do cabalo axuda a dar valor engadido ao sector primario", sinalou o Deputado. A institución provincial ven de realizar unha achega económina de 40.000€ ao evento.

 

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na inauguración do Salón Internacional do Cabalo, EQUIGAL, que se celebra este mes no Pazo de Feiras de Lugo e conta co apoio da institución provincial cunha achega de 40.000€.

 

Esta edición, que recupera a presencialidade, levarase a cabo ata o 17 de outubro coa participación de 250 exemplares equinos. Durante a pasada fin de semana, EQUIGAL reuniu aos participantes do Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Árabe, e os actos continúan esta fin de semana co Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española e a exhibición de cabalo Pura Raza Galega e a copa galega de Enganche Federado.

 

Pablo Rivera destacou a importancia desta cita para a cidade de Lugo e para a provincia, en tanto que “contribúe á recuperación da actividade económica de sectores como a hostalería, o turismo ou o comercio”. “A provincia de Lugo é un referente no sector gandeiro e a aposta polo mundo do cabalo axuda a dar valor engadido ao sector primario”, sinalou o Deputado.

 

O Salón Internacional do Cabalo de Galicia é, dende o 2008, unha cita ecuestre de referencia do noroeste de España. O certame conta coa colaboración da Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE), que goza dun gran prestixio a nivel nacional e internacional, avalado polas exportacións de cabalos das súas ganderías a diversos países de Europa e América.

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?