Jueves, 02 de Diciembre de 2021

Otras localidades

Fiestas San Froilán

Última oportunidade para visitar o recinto feiral do San Froilán

O acordo cos barraquistas é ofertar prezos especiais, as entradas custarán 1,5 euros para os cativos e 2 euros para adultos

Lara Méndez celebrando o Día do Neno no recinto

Lara Méndez celebrando o Día do Neno no recinto / Cedida

As barracas do San Froilán quedan un día máis no recinto feiral. Así o pediron os barraquitas e así o aceptou a rexedora lucense, Lara Méndez, explicando que "con motivo do Día do Neno e aplicando maiores descontos nas entradas", daba o visto e prace a petición.

O recinto mantén o seu horario, de 17:00 ata á 01:00, pero contará con prexos máis asequibles. Como se reflexa no acordo, hoxe, día 13, os tickets costarán 1,5 euros nas atraccións destinadas ao público infantil e 2 euros para mocidade e adultos.

Méndez asegurou que "a nosa vontade é a de ir retomando pouco a pouco a normalidade a medida que as cifras sanitarias da pandemia melloran, pero sempre coas máximas precaucións e respectando as normativas que marca a Xunta de Galicia". A este respecto, sinalou que estas festas están a ser un revulsivo económico moi importante, non só para os barraquistas, senón para toda a cidade, "pero tamén social xa que os nenos e as nenas merecían uns días de diversión despois destas etapas tan duras".

A rexedora agradeceu o comportamento "exemplar" da cidadanía dentro do recinto, e lamentou que tivesen que realizar colas para entrar, "pero é un mal menor xa que as medidas buscan manter controlados os aforos porque a normalidade non é total e a saúde debe primar".

Aproveitou para lembrar que os responsables das barracas teñen que cumprir un estrito protocolo sanitario para garantir a seguridade do público que acode a divertirse, pero tamén "os asistentes debemos usar máscara, respectar as distancias de seguridade e usar o xel hidroalcólico, como principais medidas".

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?