Martes, 07 de Diciembre de 2021

Otras localidades

Inversión pública

A Deputación de Lugo presenta a nova imaxe do Fogar de Santa María

Agora os servizos de Recadación, Medio Ambiente, Cooperación cos Concellos, Formación e Asesoría Xurídica aténdense nestas remodeladas instalacións

Fachada principal do Fogar de Santa María

Fachada principal do Fogar de Santa María / Cedida

A Deputación de Lugo ven de investir máis dun millón e medio de euros na reforma das instalacións do Fogar de Santa María para "ofrecer un mellor servizo á cidadanía, tanto pola propia localización e características das novas dependencias, como polas mellores condicións de traballo do persoal da Deputación", explica José Tomé, Presidente da institución provincial.

O Fogar de Santa María alberga agora os servizos de Recadación, Medio Ambiente, Cooperación cos Concellos, Formación e Asesoría Xurídica. "Aquí teñen un espazo amplo, luminoso, confortable, funcional e deseñado ao detalle para cumprir coas necesidades administrativas dos diferentes servizos que trasladamos desde o Pazo de San Marcos, o edificio de sindicatos e o local situado na calle Tui", sinala José Tomé.

Tomé Roca supervisou o resultado dos traballos de rehabilitación integral que se acometeron nos pavillóns un e dous cun investimento de máis de 1,7 millóns de euros, e aproveitou para ter un encontro cos traballadores provinciais, logo do seu traslado este verán.

Ninguén quixo perderse unha cita tan importante coma esta e por iso, o Presidente estivo acompañado por deputados e deputadas coma Pilar García Porto, Pablo Ribera Capón, Mayra García Bermúdez, Roberto García Pernas, Xosé María Arias, Ana González Abelleira, Roberto Fernández Rico, e a técnica responsable do contrato de traslado, Ana Mera.

Para José Tomé este edificio "forma parte do patrimonio da provincia de Lugo, que está catalogado e protexido e que pertence á obra dun arquitecto de renome como Luis Bellido, que firmou tamén actuacións singulares na cidade como o edificio do Círculo das Artes"

Reforma integral dos pavillóns

As obras focalizáronse na adapatación dos pavillóns un e dous para adecualos ás necesidades de uso da administración provincial, conservando as fachadas e os elementos estruturais orixinais dos edificios. Realizouse unha nova distribución e renováronse as instalacións priorizando a accesibilidade.

Na planta baixa do pavillón un sitúase o servizo de Recadación. No primeiro andar instaláronse os servizo de informática de Recadación, de Cooperación e Asistencia aos Concellos, o de Medio Ambiente e a sección de Formación. Pola outra banda, no pavillón dous, instalouse o servizo de Asesoría Xurídica.

As fachadas exteriores conserváronse na súa totalidade, substituíndo a carpintería de madeira por outra de aluminio, con despece e cor idénticos, buscando manter a estética, mellorar o aforro enerxético e o illamento térmico.

Nas dúas edificacións substituíronse as cubertas, mantendo os elementos catalogados. O interior de ambos pavillóns demoleuse practicamente na súa totalidade e en ambos casos aproveitouse a planta baixa e a primeira para usos administrativos, mentres que o baixo cuberta utilízase para arquivo e outras necesidades. Tamén se acometeu a instalación do saneamento, mantemento dos muros exteriores, climatización e electricidade para ambos pavillóns.

A historia do Fogar de Santa María

O conxunto arquitectónico coñecido como Fogar de Santa María, antigamente Hospital de Santa María, foi unha das obras máis necesarias e complexas levadas a cabo en Lugo no século XX.

As obras comezaron en 1918. Dos traballos encargouse Luis Bellido, un arquitecto que gozaba de gran recoñecemento logo das obras do novo Matadero de Madrid e do edificio do Círculo das Artes en Lugo.

En 1920, a cargo dos donativos particulares, procedeuse á disposición dos terreos para o novo hospital. O conxunto proxectado daquela estaba composto por nove pavillóns, dispostos ao longo dun eixo en dirección noreste-sureste, comezando na Ronda da Muralla e rematando onde hoxe está a rúa Monte Picato.

A inauguración do hospital tivo lugar o 29 de xuño de 1930, pero durante a II República o edificio sufriu un abandono progresivo. Sen cartos para sufragar o seu mantemento, o 8 de maio de 1936 o Pleno Municipal acorda que a Deputación se faga cargo do hospital e da casa de beneficiencia, e o 25 de maio de 1941 cédese á institución provincial o uso de varios pavillóns por un período de 99 anos. Un acordo que se mantén a día de hoxe.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?