Martes, 07 de Diciembre de 2021

Otras localidades

Cáncer mujeres

A corporación do Concello de Lugo #SACAPECHO para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

O lema deste ano pretende facer referencia ao orgullo e afouteza, especialmente das mulleres e tamén das súas familias

Imaxe do acto do 19 de outubro da corporación lucense

Imaxe do acto do 19 de outubro da corporación lucense / Cedida

Os representantes da coporación lucense #SacanPecho nos actos conmemorativos do Día Internacional contra o Cancro de Mama, organizados na capital lucense pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

O lema deste ano, #SACAPECHO, pretende facer referencia ao orgullo e afouteza, especialmente das mulleres "pero tamén das súas familias, porque sacar peito é acción, é movemento, é actuar con decisión e defender e apoiar a todas as persoas que se sinten vulnerables fronte a esta enfermidade", destacou a rexedora lucense, Lara Méndez.

Ao pé da Casa Consistorial colocouse un lazo de grandes dimensións elaborado con flores de cor rosa, símbolo de loita contra esta patoloxía, que tan só no ano pasado deixou 34.088 casos en España, e máis de 500 en Galicia.

A xornada, que tivo como eixo central a lectura dun manifesto no que unha afectada por esta doenza relatou a súa experiencia persoal, foi aproveitado igualmente para reivindicar unha sanidade pública, gratuíta e de calidade, "coa necesidade de reforzar a atención sanitaria, especialmente a Primaria e trala pandemia, cando a incidencia da Covid supeditou a investigación, o investimento e mesmo o número de probas de diagnose efectuadas, tan fundamentais para acadar que a recuperación dos casos poida ser moi pronto do 100%", concluíu Lara Méndez.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?