Lunes, 29 de Noviembre de 2021

Otras localidades

Baloncesto femenino

O Ensino busca unha fichaxe inmediata

Miguel Ángel Ortega conta con cinco xogadoras para afrontar o partido da Eurocup na casa

A FIBA non apraza o partido da Eurocup malia a falta de efectivos

A FIBA non apraza o partido da Eurocup malia a falta de efectivos / Twitter CB Ensino

Alerta vermella no vestiario do Ensino. As peores noticias confírmase e Natalie Van Den Adel ten unha escodadura de nocello que a terá afastada da cancha por cinco semanas. Cinco é, precisamente, o número da mala sorte para o equipo rojillo porque esa é a cifra de xogadoras coas que Miguel Ángel Ortega poderá contar para os próximos encontros.

Este xoves ás 20:15h, o equipo de Lugo recibe na casa ao Namur Capitale belga baixo mínimos. As lucenses solicitaron á FIBA a aprazamento do partido, pero a resposta foi negativa. O único que si lle permite o organismo é poder inscribir a dúas xogadoras junior máis na lista de convocadas. Solución? Máis ben ningunha.    "Coas juniors o prantexamento é completamente diferente, mentalmente é o mesmo: saír e gañar. O que sería un plus para este partido de Eurocup sería ver o Pazo con xente e sentir a súa calor", puntualiza Fernán Varela, segundo adestrador.

Ante a negativa, o equipo lucense busca unha data para poder aprazar o encontro do vindeiro domingo ante o Tenerife. "A predisposición do clube é moi boa, pero sabemos que para que a FEB conceda o cambio temos que nos poñer de acordo.  Está a ser complicado buscar unha data no calendario que nos sirva a ámbolos dous conxuntos", expliacaba en rolda de prensa Varela.

Con este preocupante panorana a xunta directiva concentra todos os seus esforzos na búsqueda dunha nova incorporación co requisito prioritario dunha aterraxe en Lugo de inmediata. O tempo corre na contra do equipo rojillo e as lesións están a empañar o arrinque dunha tempada que apuntaba ser moi ilusionante. Toca agardar e poñer máis dunha vela a San Froilán para que a enfermaría se vacíe o antes posible.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?