Domingo, 05 de Diciembre de 2021

Otras localidades

Smart

Lugo contará cunha plataforma de xestión integral de servizos públicos Smart

Esta ferramenta nace ao abeiro da Estratexia Dusi Muramiñae e queda aberto o procedemento para a súa subministración, que comprende un prazo de como máximo un ano

O proxecto conta cun orzamento base de 322.000 euros,

O proxecto conta cun orzamento base de 322.000 euros, / Cedida

A adminitración local modernízase. O Concello de Lugo ven de anunciar a creación dunha plataforma de xestión integral de servizos públicos Smart. En palabras da alcaldesa, Lara Méndez, "esta plataforma é unha solución tecnolóxica que permitirá realizar unha xestión máis eficiente na prestación dos servizos públicos".

Con esta iniciativa o que se busca, dede o goberno local, é "habilitar unha sorte de cerebro que sexa capaz de conectar todos os elementos e módulos que interveñen na captura, tratamento, análise e publicación de información municipal", facilitando a súa conexión con outros sistemas actualmente operativos.

Esta ferramenta nace ao abeiro da Estratexia Dusi – Muramiñae e, trala aprobación en Xunta de Goberno local,  queda aberto o procedemento para a súa subministración, que comprende un prazo de como máximo un ano para a súa instalación e outro de dous  para o soporte e mantemento.

O proxecto conta cun orzamento base de 322.000 euros, o que lle permitirá á Institución "dotarse de elementos hardware e software que melloren e abran novas canles de comunicación, propiciando o coñecemento transversal do estado dos servizos públicos e incrementando a súa capacidade de resposta así como a inmediatez das intervencións".

Outros asuntos da Orde do Día

Por outra banda, o Executivo de Lara Méndez tamén aprobou a concesión de catro licenzas para diferentes actuacións urbanísticas no termo municipal. A máis destacada é a que permitirá á Fundación Amancio Ortega construír un edificio destinado a residencia para persoas maiores na rúa Serra Gañidoira.

A alcaldesa subliñou a celeridade coa que foi tramitada "tendo en conta que foi autorizada tan só catro días despois de que a institución realizase o depósito correspondente á garantía das obras, paso indispensable para validala". A actuación, segundo indicou Lara Méndez, "suporá un investimento de 8.672.000 euros pero, sobre todo, implicará a creación de novas infraestruturas que pasarán a prestar unha atención indispensable para a sociedade lucense e das que até agora o noso concello era deficitario pola escaseza de dotacións públicas existentes, en comparación coa demanda actual e coas esixencias da pirámide de poboación".

Igualmente, o equipo de Goberno deu o seu visto e prace á  restauración do claustro da Catedral de Santa María de Lugo, á substitución dun box de limpeza manual por unha ponte automática nun centro de lavado en Benigno Rivera e á rehabilitación da cuberta dunha edificación tradicional en Meilán .

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?