Martes, 07 de Diciembre de 2021

Otras localidades

Deporte inclusivo

Rachando barreiras xogando ao vollei

Milucho sofreu un ictus cando tiña 64 anos, grazas ao deporte adaptado recuperou a vida social que tanto lle faltaba

Milucho, xogador de vollei inclusivo

Milucho, xogador de vollei inclusivo / RADIO LUGO

Milucho agardaba con desexo a xubilación. Con 64 anos tiña a súa cabeza chea de ideas, plans e propósitos que cumplir unha vez deixase de traballar. Sen agardalo o día da xubilación chegou antes do previsto. "Deume un ICTUS e tiven que xubilarme obrigado", recorda entre tímidas risas.

No seu caso, o ICTUS afectoulle a parte dereita do cerebro o que autamáticamente repercutíu na perda de movilidade do lado esquerdo do seu corpo."Foi bastate forte. Pasas un ano ou dous que tes que traballar duro en rehabilitación para poder sentarte a comer a unha mesa, subir a un coche...·", relata.

Da noite á mañá Milucho pasou de valerse por si mesmo a depender dunha man amiga e dunha cadeira de rodas. Pasou de vivir rodeado de ambiente a asimilar unha vida con menos ritmo social e por iso, tras lograr camiñar de novo, o deporte é unha via de escape para el. "Para min este tipo de actividades- o vollei inclusivo-, valen moito porque estás con xente, falas, xogas...", detalla.

Descargar

Compartir

El código del iframe se ha copiado al portapapeles

O Arenal Emevé reinicia a súa colaboración coas asociacións lucense de COGAMI e ADACE. Os venres pola tarde, o Anexo convírtese nun lugar de encontro onde pasalo ben, compartir momentos e superar retos da man de adestradores e profesionais especializados na diversidade funcional.

"Contamos con adestradores, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional que non dubidaron nin un segundo en unirse ao plan", agradece a presidenta do CV Emevé, Bibi Bouza. O compromiso deste clube, subliña a propia Bouza, "é devolverlle a cidadanía e ás institucións o que eles nos dan a nós", e por iso este tipo de iniciativas nacen coa bontade de manter unha retroalimentación positiva para todos os eidos da cidade.

Descargar

Compartir

El código del iframe se ha copiado al portapapeles

Milucho é un exemplo de superación, co vollei adaptado volveu recuperar alegría e agradece a "segunda familia" que veñen de conformar co equipo inclusivo. Tamén destaca a capacidade dos profesionais para adaptar este deporte ás súas necesidades físicas. "Antes de todo isto eu xogaba algo ao vollei, como non son moi alto, poñíame, e póñome por detrás para recibir", conta con alegría.

Así, despois dun ano de parón, regresa o vollei inclusivo a Lugo e regresa a felicidade para os compoñenetes deste equipo tan especia.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?