Domingo, 28 de Noviembre de 2021

Otras localidades

Voltan os premios de podcast O Vello dos Contos 4ª edición

Promoven o uso do galego, a creatividade, a innovación e o uso das novas tecnoloxías no eido educativo, ao tempo que contribúen ao fomento do uso do podcast como ferramenta pedagóxica innovadora.

Aser Álvarez encargado de levar adiante o proxecto do certame de podcast

Aser Álvarez encargado de levar adiante o proxecto do certame de podcast / GD

O IES Rosalía de Castro, Arraianos Producións e Ponte nas Ondas, son os encargados, coa colaboración de Radio Galicia Cadena SER de levar adiante este certame que hoxe se presentou e que incluía duas propostas

· “Xela Arias sen fronteiras. Fotobiografía sonora.” Un proxecto documental e multimedia de Arraianos Producións, realizado ao abeiro do fondo de proxectos culturais Xacobeo 20-21, que fai un percorrido pola vida e a obra de Xela Arias.

· “IV Edición dos Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera, O vello dos contos”. Con motivo da celebración do Día Mundial da UNESCO, os organizadores deste certame escolar de podcast, van presentar unha nova edición deste certame tralo éxito de participación nas anteriores edicións.

Este certame de podcast homenaxe a unha das figuras claves na historia de Radio Galicia Cadena SER, quizas o primeiro locutor de éxito na emisora, unha das primeiras figuras mediáticas.

As bases están publicadas, na web do proxecto ovellodoscontos.gal contan con máis de 1.000 euros en premios, está destinado os centros de formación de Galicia e norte de Portugal. A edición 2020 foi un éxito absoluto de participación dos centros e dos rapaces que con atractivas propostas puxenronllo moi complicado os membros do xurado encargados de dar a coñecer os premiados, seguro que esta nova edición do 2021, será un novo éxito para utilizar a radio como ferramenta de aprendizaxe en varias áreas.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?