Miércoles, 01 de Diciembre de 2021

Otras localidades

Baloncesto femenino

O Ensino segue a facer historia, pero Lugo non o valora

Alba Prieto regresou por todo o alto á cancha, tras mes e medio afasatada

Alba Prieto xunto as súas compañeiras animando dende o banquiño

Alba Prieto xunto as súas compañeiras animando dende o banquiño / Twitter CB Ensino

O Ensino segue a facer historia, pero Lugo non o valora. Lugo é cidade de baloncesto, pero de baloncesto masculino. "Es una pena que jugando en máxima categoría nacional y estando en Europa no baje más gente al Pazo", lamenta a xogadora Alba Prieto.

O certo é que xa son varios os chíos de propotesta e indignación por parte dos directivos do clube e tamén dos siareiros rojillos. E é que xa non saben que máis teñen que facer estas rapazas para que se lles arroupe como merecen. Prieto ten claro que segue a existir ese cliché "de que las tías jugamos un baloncesto aburrido, peor...", e malia que nos últimos anos a igualdade de xénero está en boca de todos e de todas, o certo é que todavía ve un longo camiño que percorrer.

O clube celebra o éxito que están a colleiitar na EuroCup e a propia Prieto detalla o feliz que están por estar a escribir un novo capítulo na historia do Ensino. Recoñece, tamén, que non está a ser unha tempada sinxela. As lesións lastraron o inicio dunha campaña que se anunaciaba coma ilusionante grazas a aterraxe de Miguel Ángel Ortega ao banquiño.

A propia Prieto regresaba esta fin de semana á cancha tras estar mes e medio recuperándose dunha lesión no seu nocello dereito. Non o pasou ben dende o banco. É competitiva, gústalle axudar ao equipo, pero grazas ao apoio das compañeiras, do staff e da familia soubo como non desmoralizarse. "Mi padre fue un apoyo enorme, él,  al haber sido jugador de fútbol profesional y convivir con muchas lesiones, tiene un máster en cómo sobrellevarlas", detalla.

Descargar

Compartir

El código del iframe se ha copiado al portapapeles

Con 17 puntos, 1 tapón, 3 asistencias, 2 rebotes e 24:27 minutos xogados, podemos dicir que Alba Prieto está de volta. Vaia de está de volta. Para celebrar a vitoria e a súa posta a punto toca festexar o cumpleanos da capitana, Laura Aliga, coa que ten especial relación.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?