Miércoles, 01 de Diciembre de 2021

Otras localidades

Carreiras

Lugo Monumental volve ás rúas

O traxecto seguirá sendo en parte circular ao redor da Muralla, cunha última volta por riba do adarve

Proximamente estará dispoñible toda a información na páxina web da carreira 10klugomonumental.com

Proximamente estará dispoñible toda a información na páxina web da carreira 10klugomonumental.com / Pexels

Lugo Monumental xa ten data: o domingo, 19 de decembro.O concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, anunciaba as novidades  que presenta este ano, para a que se tiveron en conta os condicionantes que impón a pandemia e as obras, que nestes momentos se atopan en execución na cidade.

"Neste 2021 a Lugo Monumental contará cunha distancia aproximada de 10 km aínda que, e como consecuencia das intervencións que se están realizando na capital e que afectan a partes do percorrido, este sufrirá unhas pequenas modificacións de carácter eventual", sinalou o edil.

Así, tanto a liña de saida como a de meta estarán situadas na Avda. De Ramón Ferreiro, coa Praza da Horta do Seminario como centro de operacións. O traxecto seguirá sendo en parte circular ao redor da Muralla, cunha última volta por riba do adarve, "mantendo o espírito de todas as edicións anteriores pero adaptándoa ás circunstancias".

"Non podemos esquecer a situación na que nos atopamos actualmente e a organización por precaución, e do mesmo xeito que se están a desenvolver outras grandes carreiras da comunidade autónoma, tomou a decisión, neste caso, de realizar a proba soamente para adultos, deixando para ao 2022 a volta das categorías inferiores a medida que as garantías sanitarias para as crianzas – o colectivo menos inmunizado - se vaian asentando e a seguridade, tanto para participantes como para acompañantes, recupere os valores prepandémicos", explicou Mauricio Repetto.

A carreira popular Lugo Monumental cumpre este ano a súa 19 edición e, como en anteriores ocasións, contará co patrocinio de Caixabank. A súa recuperación supón a finalización da interrupción que supuxo a chegada do coronavirus ao mundo das carreiras populares.

A medida que se achegue o día da proba a organización irá informando convenientemente dos temas de maior interese público como pode ser o itinerario, a forma de inscrición, o procedemento de recollida de dorsais así como dos protocolos a aplicar, entre outros aspectos.

Do mesmo xeito, proximamente estará dispoñible toda a información na páxina web da carreira hhttps://10klugomonumental.com

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?