Miércoles, 01 de Diciembre de 2021

Otras localidades

Becas

"Becas Galicia Voley", o plan B das deportistas fóra das pistas

Respaldado polo Grupo Lence e Abeiro, o Arenal Emevé garatirá a formación, fóra e dentro do equipo, das xogadoras Carla Hernández, Lidia Figuera e Massiel Matos

Carmen Lenca e Bibi Bouza posan xunto as loitadoras beneficiarias das axudas

Carmen Lenca e Bibi Bouza posan xunto as loitadoras beneficiarias das axudas / Cedida

O traballo a prol dos deportes minoritarios femininos non está feito. A andaina por un mundo entre iguauis, tanto dentro coma fóra das canchas, non fixo máis de comezar. Nos últimos anos o apoio aos deportes menos practicados e, en especial, ás mulleres, viuse incrementado, pero por lástima o esforzo todavía non chega.

Son moitos os casos de mulleres que chegan a unha idade determinada e non poden seguir xogando como lles gustaría porque hai que centrarse nos estudos, os que realmente lles garantirán un futuro." Se queremos vivir desto deberíamos ser homes e estar en liga Italiania, Alemaña..", di Carla, xogadora do Arenal Emevé, e engade "aquí sabemos que non chega con adestrar e xogar, hai que sacar unha carreira porque non imos vivir do vollei", asume.

Ela, xunto con Lidia e Masiel, ven de recibir unha das Becas Galicia Voley, promovidas pola entidade lucense, grazas ao respaldo económico das empresas Abeiro e Grupo Lence. Carmen Lence, CEO da empresa láctea, "como nai, e como lucense", destaca o enorme esforzo que teñen que facer estas deportistas para poder gozar da disciplica deportiva que lles enche e combinalo cos seus estudos. "Estas becas son un plan B para elas, para garantir un futuro. Sei que solo con esta axuda non imos mudar o mundo, pero si aportamos un grao de area. É un paso", relfexiona.

Descargar

Compartir

El código del iframe se ha copiado al portapapeles

Bibi Bouza, a presidenta do clube lucense, lamenta que todavía a igualdade entre deportes e xénero non chegue e agracede ás empresas a aportación económica que lles permite sacar adiante unhas becas que "eviten que as chicas teñan que abandoar a práctica deste deporte. Queremos que o Volei de élite e o  seu desenvolvemento personal deixen de ser incompatibles", anota. 

Descargar

Compartir

El código del iframe se ha copiado al portapapeles

As participantes do programa terán un seguimento por parte de especialistas do club en todas as materias. Como coordinadora da dirección académica estará a presidenta, Bibi Bouza, que asumirá o papel de titora. Pola súa banda, a vicepresidenta, Antonia Iglesias dará apoio na xestión de recursos humanos e os téncicos, Diego Taboada e Jose Valle, serán os encargados de controlar a evolución deportiva.

Descargar

Compartir

El código del iframe se ha copiado al portapapeles

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?