Atopan no río Anllóns o cadáver do home que se buscaba en Ponteceso
O home, de 63 anos, levaba desaparecido dende a mañá deste xoves, cando a coidadora avisou ás autoridades despois de que o falecido lle enviase unha mensaxe de despedida. Activouse entón o operativo de búsqueda por toda a zona do Anllóns grande, en Ponteceso, a través de varias patrullas da Garda Civil, de varias policías locais da contorna, do GES de Ponteceso e da Protección Civil local.
Finalmente, á primeira hora da tarde, e tras varias sospeitas, os buzos atopaban o corpo sen vida dentro do seu coche afundido no Río Anllóns, e procedían ao rescate do cadáver e vehículo.