Domingo, 05 de Diciembre de 2021

Otras localidades

RADIO RIBEIRO

O concello de Ribadavia vai realizar catas no terreo de xogo do Campo do Xestal

Está en mal estado desde su inauguración

Campo de fútbol do Xestal

Campo de fútbol do Xestal / Real Federación Galega de Fútbol

Recordamos que esta obra foi executada integramente pola Deputación Provincial, pero o Concello realizou un investimento de 100.000 euros a unha obra que superou amplamente os 350.000 euros. Agora, e aínda que esta obra foi recepcionada por parte do anterior Alcalde, o Concello é unha parte perxudicada pola situación en mal estado na que foi entregado o terreo de xogo ao Concello de Ribadavia.

Dada a problemática existente co céspede artificial desde a súa inauguración, considerase necesario realizar a valoración técnica do mesmo: comprobación das pendentes do terreo de xogo, ademais de varios sondeos para o recoñecemento do subsolo, a inclinación de pendentes da superficie de xogo, das columnas litolóxicas e do nivel freático.

O Concello quere que este estudio de inspección do terreo de xogo do Xestal sexa o primeiro paso para conseguir unha solución ao mesmo. O Concello non pode renunciar a exercer todos os medios a súa disposición para defender os intereses de Ribadavia e dos numerosos usuarios do campo do Xestal.

Desde o Concello intentouse en primeira instancia buscar solucións a través de diferentes reunións coa empresa executora da obra, así como tamén con varias peticións á Deputación provincial para buscar unha solución. Co paso do tempo, esta non chega e sen embargo a situación do terreo de xogo supón un agravio para os nosos veciños e os usuarios do Xestal.

Cando estean os resultados e o informe entregado, o Concello fará público os seus resultados.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?