Miércoles, 01 de Diciembre de 2021

Otras localidades

Provincia

A Deputación preseta os Orzamentos 2022 coma "investidores e sociais"

José Tomé avanzou que o Goberno someterá a debate e aprobación o Orzamento no Pleno ordinario que terá lugar o martes día 30 de novembro

Membros da corporación na presentación dos Orzamentos

Membros da corporación na presentación dos Orzamentos / Cedida

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este martes, xunto á Vicepresidenta, Maite Ferreiro Tallón, e a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, o proxecto de Orzamentos da institución para o ano 2022, uns presupostos que superan os 100M€, "os máis altos da última década", e que son "claramente investidores e sociais", subliñou o mandatario provincial.

José Tomé avanzou que o Goberno someterá a debate e aprobación o Orzamento no Pleno ordinario que terá lugar o martes día 30 de novembro. "Polo tanto, presentámolos en tempo e forma para que entren en vigor a principios de xaneiro, tal e vimos facendo dende o inicio do mandato. Para nós é unha prioridade porque só así son realmente útiles e eficaces".

Os Orzamentos da Deputación de Lugo para o 2022 ascenden a 100.165.599,49€, incluído o da propia entidade provincial e o do Consorcio de Bombeiros, que cofinancia a administración lucense ao 50%. Suben en máis de 7,7M€, o que supón un incremento do 8% con respecto aos deste 2021, sobre todo debido ó aumento das aportacións do Estado, que, concretamente, medran en 6M€.

"Son os máis altos da última década, e son uns presupostos claramente inversores e sociais, porque o aumento prodúcese fundamentalmente nos capítulos de Investimentos, Transferencias de Capital e Gastos en Bens e Servizos, en nas partidas de Benestar", explicou José Tomé, engadindo que, desta forma, "responden ao que realmente é necesario nun momento coma este, no que parece que estamos saíndo da pandemia, e no que a sociedade e a economía precisa de investimento público para consolidar a recuperación".

Co obxectivo de "seguir mellorando e ampliando os servizos públicos, sobre todo no rural, e continuar apoiando a recuperación económica en colaboración cos concellos e co tecido social e económico", afirmou o Presidente, o Goberno reforza as súas catro liñas de acción prioritarias: políticas sociais, cooperación cos concellos, apoio aos sectores produtivos e mellora da mobilidade.

Políticas sociais

O mandatario provincial anunciou que para o ano 2022 a Deputación sube o investimento en políticas sociais un 12%, ata alcanzar os 34M€, o que supón máis dun terzo do total dos orzamentos.

Aumentan todas as partidas vinculadas a políticas sociais, aínda que o maior incremento se produce no caso dos Centros de Atención a Maiores, que pasan dunha consignación de 8M€ a case 10M€, o que representa unha subida do 20%.

"Das tres residencias que había ao principio do mandato, no ano 2019, situadas en Trabada, Ribadeo e Pol, pasamos ás 6 coas que contamos a día de hoxe, porque nestes dous anos abrimos os centros da Fonsagrada, Castroverde e Pedrafita do Cebreiro", lembrou o Presidente, quen confirmou que "este mesmo xoves abriremos o centro de maiores de Meira, e a nosa previsión para o ano 2022 é poñer en marcha a residencia de Navia de Suarna, no mes de febreiro, e a de Ribas de Sil, en xuño", ademais de "seguir traballando nos proxectos que temos en marcha, como son os da Pontenova, Portomarín, Guitiriz, Becerreá, A Pobra do Brollón, Ourol, Folgoso do Courel ou Ferreira de Pantón, entre outros".

O Presidente subliñou que en políticas sociais, sobre todo na atención aos maiores, "continuamos suplindo a ausencia da Xunta de Galicia, que incumpre neste ámbito o Estatuto de Autonomía e a Lei de Servizos Sociais de Galicia. Tanto é así que, dende que Feijóo goberna en Galicia a Xunta non abriu nin unha soa residencia pública en toda Galicia, pero tampouco aportou nin un só euro para os centros da Deputación, nin para a construción, nin para o funcionamento".

Emprego

A Deputación mobiliza 9,4M€, dos cales 5,4 están contemplados no Presuposto, e ademais continúase coa execución dos programas que a institución desenvolve en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), dependente do Ministerio de Industria.

A institución continúa coa súa aposta pola educación, cun investimento que se acerca aos 3M€, destinados, por un lado, ao Centro de Formación do Servizo de Audiovisuais, e, por outro, á colaboración coa Universidade de Santiago e coa UNED, entre outras liñas de actuación.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?