Miércoles, 01 de Diciembre de 2021

Otras localidades

RIBEIRO

Un túnel do viño, catas, ... para adornar os premios da D.O Ribeiro

Ourense é a cidade elixida este ano para a celebración do X aniversario dos galardons

Presentación da Semana do Viño do Ribeiro, onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel

Presentación da Semana do Viño do Ribeiro, onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel / Prensa D.O Ribeiro

Ourense é a cidade elixida este ano polo C. R.D.O Ribeiro para a celebración do X aniversario dos seus premios, a súa gala de entrega é mañá. Conmemoración que se traducirá nunha semana de actividades en torno ao viño, presentadas onte polo presidente da entidade, Juan Manuel Casares Gándara, que estivo acompañado por César Fernández Gil, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense; Armando Ojea Bouzo, tenente alcalde do Concello de Ourense, e Rubén Saavedra Pedreira, director territorial de ABANCA en Ourense, en representación das institucións colaboradoras.

O presidente da D.O. explicou a elección de Ourense como escenario da celebración polo seu carácter de “cidade estratéxica para o Ribeiro” e a súa intención de “fortalecer lazos entre eles” xa que “o Ribeiro é Ourense, e Ourense é o Ribeiro”. Ademais, Juan Casares aproveitou a súa intervención para dar a coñecer tres novos premios que se entregarán na gala do día 25, cos que a Denominación de Orixe Ribeiro quere, ano tras ano, recoñecer o labor das persoas, entidades e lugares que fan da difusión do mundo do viño o seu sinal de identidade.

Así, nesta edición os premios Mellor servizo de viño en restaurante será para A Taberna (Ourense); o de Mellor tenda especializada– vinoteca para A Vivariense (Viveiro), e o de Mellor taberna–bar de viños para Jaleo (A Coruña).

Estes galardóns súmanse aos que recibirán Manuel Villanueva, director xeral de contidos de Mediaset España, que será recoñecido co Premio Persoeiro de Honra; a enóloga Almudena Alberca, primeira muller Master of Wine española e directora técnica de Entrecanales Domecq e Hijos, Premio Muller e Viño; a colleiteira Xulia Bande, Premio Vida entre Vides; o xornal dixital Campo Galego, Mellor labor de Comunicación, e a película Cuñados, Premio Ribeiro en Nós.

Ademais, na gala coñeceranse os mellores viños brancos e tintos, de adega e de colleiteiro, pertencentes á D.O. Ribeiro.

Estas actividade do tuñel do viño celebrarase no Centro Cultural Ánxel Valente (antigo Banco de España) na rúa do Paseo, 20, xa onte martes e hoxe mércores de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas e xoves e venres unicamente en horario de mañá.

Outro dos eixos do programa serán tres catas guiadas a cargo de expertos no sector. Haberá un ciclo de conferencias, hoxe mércores 24 a escollida é a afamada Master of Wine Amudena Alberca, cunha cata especial de viños da D.O. Ribeiro elaborados por mulleres, no Centro Cultural Marcos Valcárcel ) na rúa do Progreso, a partir das 20.00 horas.

O prato forte da semana será a X Gala dos Premios D.O. Ribeiro, guiada polo actor e monologuista Federico Pérez e a xornalista Montse Estévez. Durante o evento, con aforo para 347 persoas e estrito protocolo de seguridade sanitaria, contará cun photocall, unha actuación musical e a realización dun mural en directo. A gala finalizará cun viño institucional do C. R.D.O. Ribeiro, Fillas D.O. Ribeiro 2020. Será o día 25, ás 19.00 horas, no Auditorio de Ourense.

Por outra banda e como actividades complementarias, ao longo da semana levaránse a cabo escenas teatralizadas na rúa con actores da asociación cultural Platea Lúa por diferentes localizacións, así como unha acción especial en Instagram co nome de usuario @peixes_ do_ ribeiro: Os #peixesdoribeiro estarán repartidos por diferentes localizacións das rúas da cidade e toda persoa que as atope durante esta semana obterá un agasallo o día 26, ás 13.00 horas, no Centro Cultural Ánxel Valente (Rúa do Paseo, 20), onde poderán levar de obsequio packs de merchandising, libros sobre viticultura e enoloxía ou botellas de viño, entre outros.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?