Domingo, 23 de Enero de 2022

Otras localidades

Sanidade

Así foi a "difícil" tarefa de explicar as restriccións sanitarias en Galicia

O Conselleiro de Sanidade, Julio G. Comesaña, descubre como era a preparación das roldas de prensa que tiñan en vilo a todos os galegos durante a pandemia

"Entón que podemos facer? " Que levante a man quen non escribise nun grupo de WhatsApp esta pregunta no remate das comparecencias do Conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, nas que coloreaba os concellos de Galicia en cor vermella, laranxa, amarela ou verde segundo o número de casos activios de Covid-19.

"Non era fácil", recoñece mentres intuímos un sonriso tralo tapabicos institucional que Julio Comesaña levaba posto na entrega das Medallas de Ouro do Concello de Lugo. Comesaña recorda os momentos de pandemia e recoñece emocionarse ao recordar o esforzo e o traballo "dos sanitarios, transportistas, sector da limpeza..." durante os meses de confinamento.

Bromeamos con Comesaña mentres recodábamos as ansias coas que agaradabamos as súas comparecenrias ante os medios de comunicación despois das reunións de cada Comité Clínico para descubrir que medidas nos tocaría asumir segundo o municipio que nos atopásemos. "Era difícil concentrar e comunicar toda a información que se acordaba nas reunións co Comité, e ás veces era bastante engorrosa en canto horarios de peche, cores... pero teño que agradecer o esforzo e o traballo dos medios de comunicación porque grazas a vós foi moito máis sinxelo chegar á poboación", subliña.

Malia que os datos da contaxios e de ingresos descendesen dende a chegada da vacina, Julio Comesaña pide prudencia, sentidiño e sobre todo incide na necesidade de vacinarse.

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?