Viernes, 21 de Enero de 2022

Otras localidades

O RIBEIRO

O concello de Ribadavia ofrece conciliación no Nadal

Amplíanse o número de nenos e nenas que poden facer uso deste servizo

Imaxen de Nadal

Imaxen de Nadal / Creative Commons

Un programa de conciliación permitirá ofertar 60 prazas para rapaces de Ribadavia durante todo o Nadal ampliando a oferta do ano pasado. O concello de Ribadavia aposta pola conciliación familiar e laboral durante o Nadal mediante un programa de actividades. Esta iniciativa presenta nesta ocasión varias melloras con respecto ós anos anteriores e modifica a preferencia de inscrición.

A principal novidade está na ampliación do número de nenos e nenas que poden facer uso deste servizo. Un total de 60 prazas estarán a disposición da veciñanza, o que supón un incremento de 20 prazas con respecto ó ano pasado. Tamén se incrementa o horario do programa que será de cinco horas diarias, de 9h a 14h.

Tódolos rapaces e rapazas de Ribadavia que teñan entre 3 e 14 anos poderán inscribirse nesta actividade. Unha vez inscritos, participarán neste programa de conciliación que abrangue tódolos días laborables desde o 22 de decembro ó 9 de xaneiro.

A inscrición realizarase na oficina de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia entre o 2 e o 17 de decembro de 2021. Como novidade para optar a unha das 60 prazas está a modificación dos criterios, dando prioridade ás necesidades de uso do servizo en vez da orde de inscrición. Os criterios de prioridade son: Situación laboral familiar (ambos proxenitores traballando), situación laboral familiar (un proxenitor traballando e o outro atendendo a persoas dependentes, discapacitadas ou menores de ata 3 anos), discapacidade, familia monoparental, familias numerosas, outras unidades familiares, unidades familiares empadroadas noutros concello.

Os prezos que terán que abonar os usuarios do programa de conciliación serán de 25€ para aquelas familias empadroadas e 50€ para os que non reúnan esa condición.

O lugar de realización do programa de conciliación de Nadal de Ribadavia será o Pavillón de Deportes.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?