Vivindo A Costa da Morte
Actualidad
Coronavirus Covid-19

Tres concellos resisten á subida de contaxios na Costa da Morte

Entrevista a Lolo Muiño (07/12/2021)

Entrevista a Lolo Muiño (07/12/2021)

06:40

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1638892390_995552/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Como era de esperar, o incremento dos casos a nivel nacional e autonómico tamén repercute xa na Costa da Morte, onde este martes coñecemos unha importante subida dos positivos a nivel xeral. De feito, a falta de coñecer as cifras no concello de Mazaricos, sabemos que hai 195 contaxiados nos dezaseis municipios restantes, 104 máis que hai unha semana.

Non obstante, a situación aínda non é alarmante, pois hai bos datos dentro deste compendio. Laxe, Camariñas e Carnota seguen sen incidencia do virus, mentres que en Ponteceso hai cinco positivos menos que o martes pasado. Ademais, Fisterra e Vimianzo non sumaron novos contaxios nos últimos sete días.

Por outra banda, os datos máis preocupantes están en Carballo, Coristanco, Cabana, Muxía, Cee ou Zas, onde un brote no CEIP Labarta Pose obrigou a ter pechada unha aula. Unha situación pola que o alcalde, Lolo Muíño xa se reuniu co xerente da área sanitaria da Coruña - Cee, Luis Verdes, quen lle transmitiu tranquilidade e lle asegurou que as cifras do concello non son sinal de alarma de ningún tipo.

CONCELLONº TOTALVARIACIÓN SEMANAL
A LARACHA18 +6
CARBALLO74 +45
CORISTANCO12 +9
MALPICA19 +6
PONTECESO1 -5
CABANA13 +8
LAXE0 =
ZAS14 +14
VIMIANZO9 =
CAMARIÑAS0 =
DUMBRÍA2 +1
MUXÍA14 +8
CEE16 +10
CORCUBIÓN2 +1
FISTERRA1 =
CARNOTA0 =
MAZARICOS  
TOTAL195 + 104

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad