Sábado, 22 de Enero de 2022

Otras localidades

Carmela Silva Rego

O PP pide a dimisión de Carmela Silva tras a sentenza do Supremo polo enchufe da súa cuñada

Asegura que "escóndese Carmela Silva, escóndese o alcalde de Vigo, escóndese o PSOE, e mira cara outro lado o BNG provincial, socio de Goberno na Deputación de Pontevedra"

Rueda de prensa de este martes

Rueda de prensa de este martes / PP

O Partido Popular pediu este martes a dimisión de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra e no Concello de Vigo tras coñecerse a sentenza da sala do penal do Tribunal Supremo pola trama para contratar de xeito irregular, e con fondos municipais, á súa cuñada. O voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, sinalou que “por responsabilidade política, por ética e por dignidade Carmela Silva debe dimitir. Non se entende que outros estean cargando sos co enchufe. Detrás do funcionario hai unha decisión política, interesada, en que se contrate de xeito irregular á cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra. É inconcibible. Non é unha trama calquera, trátase dunha familiar directa da presidenta da Deputación, polo que algo terá que dicir. E o único que está facendo con respecto a esta situación é esconderse e dar a calada por resposta. Escóndese Carmela Silva, escóndese o alcalde de Vigo, escóndese o PSOE, e mira cara outro lado o BNG provincial, socio de Goberno na Deputación de Pontevedra”.

O popular subliñou que “son delitos moi graves polos que se condena ao funcionario. Prevaricación, malversación e falsidade documental por dar traballo á irmá do marido de Carmela Silva, que recibiu 108.000 euros por uns traballos que, ademais, non fixo”. Para Cubela “nin Silva nin o PSOE poden estar escondidos máis tempo. Detrás do funcionario, xefe de servizo e afín ao Goberno socialista, hai unha decisión política, e por iso Carmela Silva debe asumir a súa responsabilidade e dimitir no Concello de Vigo e na Deputación de Pontevedra. Ou acaso temos que crer que é unha coincidencia que a trama que idean o funcionario e a empresa concesionaria sexa para contratar, casualmente, á cuñada de Carmela Silva?”

Unha trama a través da que o funcionario é condenado a 5 anos e 3 meses de cárcere, ademais da inhabilitación durante 9 anos, e tamén o administrador da empresa como cooperador necesario. “Estes feitos tan graves poñen, necesariamente, en cuestión a xestión de Carmela Silva tamén ao fronte da Deputación de Pontevedra”.

Ademais, o voceiro popular preguntou “de que estaríamos falando si fose ao revés, si detrás de toda esta trama houbese políticos do PP? Levamos anos escoitando falar nesta casa de prácticas caciquís e resulta que unha das maiores condenas por corrupción da historia recente de Galicia é pola trama da contratación da cuñada da presidenta da Deputación de Pontevedra. E ante todo isto, ela cala e se esconde”.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?