Jueves, 27 de Enero de 2022

Otras localidades

Miniglús e sementes para cocienciar sobre a reciclaxe do vidro

En Lugo o nivel de reciclaxe está nos 11,3 kg/hab/ano, unha cifra lixeramente por debaixo da media provincial e galega

A rexedora presenta a campaña a realizar da man de Ecovidro

A rexedora presenta a campaña a realizar da man de Ecovidro / Concello de Lugo

O Concello de Lugo pon en marcha este mes unha campaña para impulsar a reciclaxe de envases de vidro no sector hostaleiro. A rexedora lucense, Lara Méndez sostivo que un dos grandes retos que afronta a cidade é "incentivar unha sociedade máis sostible".

Esta camapaña dividirase en varias fases. A primeira ven de arrancar grazas á realización de enquisas e entrevistas a todos os establecementos de hostalería para coñecer "de primeira man cales son as súas necesidade. Ademais, ofrecerase información detallada aos locais de como reciclar correctamente "e das vantaxes sociais, económicas e ambientais que ten a reciclaxe de envases de vidro, algo que a rexedora lle trasladou xa aos representantes do sector", engade Méndez.

Nunha segunda fase, actuarase sobre a contenerización existente e estudiarase a instalación de iglús especiais , algúns deles incluirán un sistema de elevación hidráulico que permiten a reciclaxe de grandes cantidades de vidro como as xeradas polos hostaleiros. Tamén se entregarán cubos adaptados con rodas para facilitar o transporte dos residuos de vidro aos colectores.

Para levar adiante esta iniciativa, porase en marcha un traballo de campo con visitas persoais aos hostaleiros para reforzar o coñecemento da lexislación en vigor para o sector dos grandes xeradores en materia de reciclaxe de envases de vidro.

Unha árbore de Nadal de miniglús

Así mesmo, a alcaldesa e o xerente de Ecovidrio anunciaron unha segunda campaña dirixida a toda a cidadanía lucense, onde o nivel de reciclaxe está nos 11,3 kg/hab/ano, unha cifra lixeramente por debaixo da media provincial e galega.

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, destacou "que no ano 2020, recolléronse 1.119.000 quilos de vidro, dos que 1.060.000 foron a través dos colectores, e 58.400 porta a porta, mentres que esta cifra nos dez primeiros meses de 2021 ascendeu 955.000 quilos, 900.000 nos colectores".

Con esta inicitiva porase en marcha unha acción de sensibilización para concienciar sobre a importancia da reciclaxe de vidro durante as celebracións de Nadal, nas que se xera até o 20% de todos os residuos de envases do ano.

Para iso, Ecovidrio instalará diante da Praza de Abastos unha árbore do Nadal de 4 metros de altura formado por 75 miniglús que se inaugurará o vindeiro martes día 21 de decembro. Eses miniglús repartiranse entre a veciñanza, así como sementes de petunia, entre as 11.00 horas e as 19.00 horas.

Beneficios ambientais da reciclaxe de vidro

O vidro que se deposita nos colectores recíclase ao 100% e utilízase para a fabricación de novos envases, de forma indefinida e sen perder as propiedades orixinais. Reciclando vidro evitamos o crecemento dos vertedoiros.

Ao usar calcín-vidro reciclado na fabricación de novos envases evítase a extracción de materias primas da natureza, evitando a erosión dos chans e a deforestación da nosa contorna. Minimízase tamén a emisión de CO2 no proceso de fabricación e afórrase enerxía.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?