Jueves, 27 de Enero de 2022

Otras localidades

ÚLTIMA HORA ÚLTIMA HORA La EMA autoriza Paxlovid, el primer antiviral oral contra el coronavirus en la UE
Motos

O piloto de motos Eduardo Iglesias promocionará a provincia de Lugo no Rally Dakar

A institución provincial colabora por terceiro ano consecutivo co deportista monfortino, neste caso cunha achega de case 15.000 euros

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, recibiu este xoves na Praza de San Marcos ao piloto de motos Eduardo Iglesias, que participará no Rally Dakar 2022.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, recibiu este xoves na Praza de San Marcos ao piloto de motos Eduardo Iglesias, que participará no Rally Dakar 2022. / RADIO LUGO

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, recibiu este xoves na Praza de San Marcos ao piloto de motos Eduardo Iglesias, que participará no Rally Dakar 2022.

A institución provincial colabora por terceiro ano consecutivo co deportista monfortino, neste caso cunha achega de case 15.000€, que se incrementou con respecto a pasada edición para promocionar a provincia no rally máis grande do mundo. Concretamente, o monfortino Eduardo Iglesias portará o escudo da Deputación na moto, na súa vestimenta, na furgoneta e nunha carpa que utilizará nesta competición que se desenvolverá dende o 1 ao 14 de xaneiro en Arabia Saudita.

Na presentación desta nova colaboración da Deputación co piloto, Tomé Roca lembrou que Eduardo Iglesias participou por primeira vez no Dakar no ano 2020 conseguindo o posto 94, e que este ano 2021 escalou ata o posto 53, sendo o único piloto galego capaz de rematar esta proba de gran esixencia. "Na edición do ano 2022 ten por diante 13 etapas e máis de 8.000 quilómetros de percorrido. Sen dúbida, un reto moi importante, ante o que lle desexamos moito ánimo e sorte para superalo e seguir mellorando os seus resultados", manifestou o Presidente.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?