Jueves, 27 de Enero de 2022

Otras localidades

Animales

Este Nadal en Lugo, ningunha mascota sen comida

Baixo este lema o Concello de Lugo ben de poñer a andar unha nova campaña a prol dos animais de compañía de familias con menos recursos

Haberá diferentes puntos de recollida de alimentos espallados pola cidade lucense

Haberá diferentes puntos de recollida de alimentos espallados pola cidade lucense / Cedida

'Este Nadal en Lugo, ningunha mascota sen comida'. Este é o lema co que o Concello de Lugo ben de poñer a andar unha nova campaña a prol das mascotas. Segundo apunta o  concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, e a  presicenta da Asociación Ayuda Alimentaria Animalista, Noelia Rodríguez,   o obxectivo desta iniciativa é colaborar "coas familias con menos recursos co fin de que poidan alimentar os seus cans, gatos ou outros animais de compañía".

Dende as institucións lanzan unha mensaxe de colaboración da cidadanía "para que demostre unha vez máis a súa solidariedade". Deste xeito, habilitaranse varios puntos de recollida de alimentos en establecementos ubicados en distintas zonas da cidade, que tamén colaboran neste campaña.

Máis dun centear de familias lucenses precisan da axuda que brinda a Asociación Ayuda Alimentaria Animalista. Dende a organización ofertan un banco de alimentos para familias en risco de exclusión social con mascotas e  tamén axudan a alimentar colonias e animais en estado de abandono.

Os puntos de recollida de alimentos son:

  • Sede da Asociación Ayuda Alimentaria Animalista (xoves de 16:30 a 18:30, Rúa San Xillao, 13)
  • Facultade de Veterinaria (Campus de Lugo - Avenida Carballo Calero, s/n)
  • Hospital Veterinario HA (Rúa Virxe da Esperanza, 31)
  • Tiendanimal (Avenida Infanta Elena, s/n - fronte ao Centro Comercial As Termas)
  • Todo Campo (Avenida Benigno Rivera, 23)
  • Hipermercado Eroski (Centro Comercial As Termas)
  • VetLar Centro Veterinario (Rúa Concepción Arenal, 55)
  • Ecolavakan Boutique Canina (Rúa Milagrosa, 58)
Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?