Jueves, 27 de Enero de 2022

Otras localidades

CB breogan

Urtasun vestirá a celeste este xoves e Sergi Quintela é baixa

O lucense estará entre duas e tres semanas afastado das canchas

Urtasun formará parte da expedición a Bilbao e Valencia

Urtasun formará parte da expedición a Bilbao e Valencia / CB BREOGAN

As malas novas confírmanse para o Río Breogán e o segundo capitán Sergi Quintela. As probas médicas confirman que o lucense deberá causar baixa para recuperarse da torcedura de nocello que o manterá en recuperación "nun prazo de entre dous e tres semanas dependendo da súa evolución", segundo informa o clube.

Pero cando para un sae cruz, para outros toca cara. A entidade celeste dará de alta, "temporalmente" ao recén aterrado Álex Urtasun pola praza libre que deixa o pequeno dos Quintela. 

O pamplonica leva dende o seis de decembro adestrando co equipo. Segundo comunicaba o clube, chegaba coa intención de "reforzar o primeiro plantel nos seus adestramentos de forma temporal para incrementar o nivel da preparación do equipo no día a día, así como a rotación dentro das propias sesións".Porén, tras coñecerse a baixa do lucense, Urtasun viaxará co equipo aos compromisos de Bilbao e Valencia.

Pola súa banda, Sergi Quintela traballa xa na súa recuperación co fisioterapeuta do Río Breogán, Pablo Duarte e o preparador físico Rubén Portes, baixo a supervisión do equipo médico do club encabezado polo Dr. Luís Coira, coa intención de acurtar os prazos do seu regreso na medida do posible.

Semana apretada

O Río Breogán afronta a recta final do ano cun calendario máis que comprimido. Antes de despedir o 2021 os de Olmos deberán recuperar o partido ante o Basket Bilbao este xoves ás 20:00h, o domingo 19 viaxar cara á Valencia para xogar ás 20:00H e poñer rumbo, de novo,  a casa. Os celestes dirán adeus a primeira volta da ACB na casa xogando ante o Fuenlabradao día 27 e recuperando o día 30 o partido adiado por mor da Covid-19 ante o Joventut Badalona.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?