Jueves, 27 de Enero de 2022

Otras localidades

Publireportaxe

A Deputación de Lugo inviste máis de catro millóns de euros no novo centro de atención a maiores en Becerreá

A residencia e centro de día contará cun total de 136 prazas

Así é o centro de atención a maiores de Becerreá

Así é o centro de atención a maiores de Becerreá / Cedida

Se de algo valeu a pandemia da Covid-19 foi para recordarnos que os nosos maiores son un piar fundamental da nosa sociedade. A Deputación de Lugo segue a demostrar que só coidando do pasado e do presente poderemos avanzar cara á un verdadeiro futuro. Por iso, a institución provincial salda unha demanda histórica acometendo as obras de construcción do Centro de Atención a Maiores de Becerreá.

A Deputación vén de rematar os traballos para levantar a estrutura do edificio, cuxa distribución, nunha única planta, busca facer deste novo centro un lugar cómodo, acolledor e sobre todo útil e adaptado ás necesidades dos residentes.

Na fronte oeste situarase un centro de día, conectado de forma inmediata co entorno urbano, para facilitar o acceso dos usuarios e usuarias. Por esta parte, dende a rúa Ancares e na esquina oposta, prodúcese, tamén, o acceso independente ó Centro Residencial. O pequeno volume do centro de día dunha soa planta facilita a percepción gradual do conxunto, edificado reducindo a escala das catro plantas planteadas no edificio do Centro Residencial, ao afastalo discretamente das vías de acceso do entorno urbano próximo.

A obra acometeuse empregando un sistema combinado de producción con bomba de calor e caldeira de pellets. O edificio conta con seis plantas e un baixo cuberta. A planta baixa engloba os servizos de cociña, comedor, salón, terrazas e zona de enfermería.

Na planta inferior atoparase a Área Parasanitaria e de Atención Técnica. Salas de rehabilitación e terapia ocupacional volcan sobre unha amplia terraza exterior. Aquí también están os servicios xerais coma vestiarios, lavandería e almacés xerais.

No semisótano englobaranse tódalas salas técnicas de instalacións. As plantas P1, P2 e P3 corresponden á Área Residencial e de Atención Socio – Sanitaria nas plantas primeira e segunda estarán as habitacións dobles a un lado do pasillo e individuais enfrentadas. Na terceira planta estarán as habitaciones dobres. Cómpre destacar que nas tres está proxectada unha zona de control e descanso de enfermaría con acceso inmediato á zona de habitacións.

A Deputación de Lugo investiu máis de catro millóns de euros nesta actuación, que acometeu a empresa Copcisa.

Unha vez rematada a estrutura do edificio, a institución provincial traballa agora para instalar un centro de transformación co fin de dotar ás instalacións de subministración eléctrica e tamén deberá sacar a licitación e adxudicar o contrato para o subministro e a instalación do equipamento do centro residencial, ademais de tramitar todos os permisos e autorizacións necesarias ante a Administración autónomica para a posta en funcionamento do servizo.

A Deputación de Lugo abriu neste mandato catro novas residencias públicas na provincia, na Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro e Meira, que se suman ás que xa estaban en funcionamento, en Trabada, Ribadeo e Pol. Para o vindeiro ano, ten previsto poñer en marcha os centros de Navia de Suarna e Ribas de Sil, ademais de continuar traballando nos proxectos que xa están en marcha, como son os da Pontenova, Portomarín, Guitiriz, Becerreá, A Pobra do Brollón, Ourol, Folgoso do Courel ou Ferreira de Pantón, entre outros. O investimento que a fará a Deputación o vindeiro ano 2022 no funcionamento das actuais residencias e nos avances dos proxectos en marcha alcanza os 10 millóns de euros.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?