Jueves, 27 de Enero de 2022

Otras localidades

Comercio

E ti, eres "localmente lucense"?

O Concello de Lugo lanza unha campaña a prol da dinamización da cidade de Lugo

O Concello de Lugo arranca unha campaña de dinamización da cidade baixo o lema "Localmente lucense". Trátase dunha campaña que nace para impulsar a economía dos barrios da Lugo, tratando de fortalecer e incentivar a compra nos comercios e na hostalaría de proximidade.

"Non podemos esquecer que só estando ao lado dos nosos veciños, os que viven e crean traballo cos seus pequenos negocios, coas súas tendas, restaurantes, bares e outros establecementos, poderemos manter con vida os espazos nos que vivimos e vemos crecer aos nosos fillos", subliñou na presentación do proxecto a rexedora lucense, Lara Méndez.

O comercio local debe de se entender coma a "columna vertebral" da economía lucense, "xa que forman parte da identidade dos barrios achegándolles unha riqueza e valores insubstituíbles".

O obxectivo é crear o movemento cidadá 'Son Localmente Lucense' que abandere un sentimento de orgullo e defensa do propio, "da vida dos nosos barrios, porque temos que defendela entre todos sendo conscientes de que a recuperación da economía comeza na porta das nosas casas".

Con este obxectivo, a campaña que hoxe dá comezo e que durará todo o ano 2022, combinará unha ampla oferta de lecer e entretemento por barrios con formación específica e asesoramento dirixido a locais comerciais e de hostalería para que resulten máis atractivos.

Programación

Co fin de conseguir a maior cobertura posible creáronse cinco agrupacións de barrios. Cada área conta cunha imaxe icónica que a representa e que se corresponde con algún elemento arquitectónico moi recoñecible, por exemplo: 

  • Zona 1: Formada polos barrios do casco histórico e A Tinería. Esta área, a máis antiga da cidade e rodeada pola muralla romana, aspira a converterse no cuarto patrimonio da humanidade da cidade. A súa icona é unha porta da Muralla Romana.
  •  Zona 2: Composta polos barrios de Albeiros, Garabolos, A Milagrosa, Avenida da Coruña e Barrio Feijoo. Estes barrios forman a zona máis multicultural de Lugo, exemplo de convivencia. A súa icona é a Igrexa da Milagrosa
  • Zona 3:  Esta área, que conxuga tradición e modernidade, está formada polos barrios da Cheda, A Ponte, Anxo Carro, A Piringalla, A Residencias, Casás, Louzaneta e O Castiñeiro. A súa icona é a Ponte de orixe romana sobre o río Miño
  • Zona 4:  Formada polos barrios de Acea de Olga, Augas Férreas, Fingoi, Montirón, Paxariños, Ramón Ferreiro, Recatelo, San Fiz e San Roque, nesta área teñen as súas casas estudantes universitarios, familias novas que mercaron aquí a primeira residencia e veciños de toda a vida. A súa icona son os pináculos do Parque de Rosalía
  • Zona 5:  Finalmente, os barrios da Chanca, Paradai, Castelo, A estación, As Gándaras, Fontiñas, Galegos e Sagrado Corazón conforman un importante núcleo comercial, empresarial e de comunicacións. A súa icona é o Viaduto da Chanca.

Actuacións da campaña

Durante o 2022 desenvolvernase unha serie de accións de apoio á hostalería e ao comercio da zona grazas aos tardeos e noiteos, con espectáculos musicais, concertos e actividades de entretemento.

Os tardeos e noiteos terán carácter mensual. Para o caso dos tardeos nun horario entre as cinco e as oito da tarde, con actuacións de animación para nenos, pasarrúas, actividades recreativas e xogos infantís, talleres para nenos, decoración dos barrios e actuacións musicais con DJ´S. Os noiteos realizaranse entre as dez e as doce da noite, comprendendo cada un dos mesmos un espectáculo ou actuación/concerto musical.

Potenciarase a plataforma de comercio electrónico: formación e dixitalización do comercio e a hostalería, así coma tamén a plataforma de comercio en liña e porase en marcha un proceso de formación e dixitalización do pequeno comercio e da hostalería.

Poranse en marcha campañas estacionais e en datas sinaladas: Samaín (Halloween), San Valentín, Nadal, rebaixas de inverno e de verán. Nestas datas haberá  actuacións de promoción, divulgación e sensibilización, para fomentar o consumo na hostalería e as vendas nos comercios, para que os cidadáns acudan aos seus locais de negocio, consuman e compren.

Tamén se incuirá formación e asesoramento "in situ" sobre escaparatismo-iluminación e packaging, así como non se deixará de lado a organización de mercadiños nas rúas fomentando a dinamización dos barrios.

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?