Jueves, 27 de Enero de 2022

Otras localidades

Ciclismo

Sarria acollerá unha etapa decisiva no regreso do ciclismo profesional a Galicia

"O Gran Camiño" finalizará no concello lucense cunha contrareloxo

Óscar Pereiro, Alejandro Paleo, Félix Seijaz, Ezequiel Mosquera e Efrén Castro na presentación da etapa

Óscar Pereiro, Alejandro Paleo, Félix Seijaz, Ezequiel Mosquera e Efrén Castro na presentación da etapa / Cedida

Volve o pelotón profesional a Galicia, con parada na nosa provincia. Sarria é o concello elixido para acoller a etapa decisiva da volta ciclista profesional “O Gran Camiño”,  gracias ao apoio da Vicepresidencia da Deputación

O centro histórico da vila será o escenario da última etapa da ronda galega, unha contrarreloxo que se celebrará o 27 de febreiro. Ezequiel Castro, organizador do evento,  asegura que o casco histórico de Sarria é un "escenario icónico para o final do Gran Camiño” e agradeceu a colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para sacar adiante o evento que, avanzou, contará con equipos UCI Pro Tour, que forman parte dos pelotóns das grandes probas internacionais.

O Deputado provincial de deportes, Efrén Castro, destaca a repercusión da proba para Sarria e a aposta do evento por recuperar o ciclismo profesional para Galiza. "acoller a final do Gran Camiño, que suporá o regreso do pelotón internacional a Galiza, colocará a Sarria no foco do mundo do ciclismo, reforzando tamén a súa proxección como punto de referencia do Camiño de Santiago”. Nese sentido, sinalou que “un percorrido que ten como referencia a ruta xacobea tiña que pasar necesariamente por Sarria onde, engadiu, existe tamén unha importe afección ao ciclismo”.

Mediante o impulso a este evento, o goberno provincial  busca contribuír á recuperación do ciclismo profesional galego despois de anos sen estruturas e probas propias” e remarcou “o interese que ten para o país e para a promoción do deporte base ter referentes profesionais”.

O Gran Camiño pretende recuperar para Galiza unha proba ciclista profesional por etapas con proxección internacional como a que acadou no seu momento a Volta a Galicia, que disputaron nomes históricos do ciclismo como Miguel Induráin, Abraham Olano, Marco Pantani ou Laurent Jalabert, entre outros, e que, xunto á existencia dun equipo profesional, o Xacobeo Galicia, supuxo unha etapa dourada para o  ciclismo galego.

Etapas

A etapa en Sarria será a derradeira desta primeira edición do Gran Camiño, que se disputará do 24 ao 27 de febreiro e que contará con outras tres etapas: unha por provincia. En Pontevedra, onde se iniciará a rolda, a etapa discorrerá entre O Porriño e Vigo. Na Coruña, o punto de referencia da etapa será O Ézaro. Mentras, en Ourense, a saída estará en Maceda e a meta en Luíntra. A organización confirmou a participación na proba de equipos como o Movistar, Cofidis, Euskaltel-Euskadi, Start Up Nation, Education First ou Tavira.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?