Jueves, 27 de Enero de 2022

Otras localidades

Apehl

Exención da taxa de ocupación a cambio da homoxenización das terrazas, así será a nova Ordenanza Municipal

O obxectivo é axudar á hostalaría lucense tras un ano de restriccións ao tempo que se mellora a imaxe da cidade

Imaxe de terrazas en Lugo

Imaxe de terrazas en Lugo / Cedida

Os hostaleiros de Lugo pasarán un ano máis sen ter que pagar a taxa por ocupación da vía pública a cambio de homoxenizar a súa imaxe. Este será a nova ordenanza municipal que sacará cara á diante a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Este acordo quedará recollido nun documento no que se establecerá o marco normativo polo que pasará a rexerse a colocación deste tipo de instalacións "tanto no que ten que ver coas zonas autorizadas para ese fin, como o rango de dimensións que poden ter, e mesmo os materiais que se deben empregar co fin de acadar unha harmonización estética en toda a cidade",apunta Méndez.

O obxectivo marcado polo goberno local é que este acordo entre en vigor "canto antes" e  subliñou que se prolongará durante todo o 2022. Con esta medida, a rexedora pretende mellorar a imaxe da capital : "Trátase de apostar pola viabilidade destes establecementos, dos que "dependen moitas familias lucenses e para as que continúan as incertezas debido ás oscilacións que sofre a pandemia e que obrigan á imposición e retirada constante de restricións".

No arrinque da pandemia,  o Concello de Lugo publicou un bando permitindo aos negocios do sector incrementar o tamaño das súas terrazas, ou habilitalas se non as tiñan e se lles perdou o abono desta taxa. "Unha decisión de carácter temporal que sustentamos na necesidade de apoialos economicamente ao tempo que favoreciamos a recuperación dos encontros sociais, dun xeito máis seguro, ao aire libre", e engade que "porén e á vista de que imos convivir coa pandemia de xeito prolongado, quixemos adoptar novos mecanismos que, aínda favorecendo a solvencia destes establecementos, teñan en conta de maneira máis rigorosa a necesidade de compatibilizala co dereito que ten a veciñanza de empregar e gozar dos espazos públicos " sen obstáculos ou barreiras que lles condicionen o paso.

Os hostalerios aplauden a decisión do goberno local, posto que existía certo temor a que a suspensión do pago da taxa só fose por seis meses máis, algo que suporía un novo obstáculo tras máis dun ano de complicacións para traballar.

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?