Miércoles, 26 de Enero de 2022

Otras localidades

Reyes Magos

A covid condiciona a axenda dos Reis Magos na provincia de Ourense

A cidade aposta polo movemento perante outras propostas estáticas

A covid condiciona a axencia dos Reis Magos

A covid condiciona a axencia dos Reis Magos / Europa Press

A pandemia non pode cos Reis Magos. As súas maxestades teñen todo preparado para visitar a provincia de Ourense. Iso si, a estratexia é diferente en función do concello. Así, na cidade, a Cabalgata sairá o mércores, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas da estación da Ponte, avanzará pola Avenida das Caldas e percorrerá toda a rúa do Progreso até rematar sobre as 19.15 horas no Xardín do Posío. Iso si, finalmente, non haberá a tradicional recepción na Praza Maior,

As persoas que desexen ver o paso dos Reis e a súa comitiva poderán facelo ou ben na Avenida das Caldas ou na rúa do Progreso. Os Reis decidiron isto porque, segundo confirman desde o concello, son “rúas máis axeitadas por ser as máis anchas, onde resulta máis doado manter as distancias de seguridade requiridas pola pandemia da COVID”.

Doutro lado, para o concello de Xinzo de Limia os Reis optaron por outro formato. A cabalgata será estática e os Magos de Oriente recibirán aos nenos no pavillón municipal de deportes a partir das 18.00 horas. As medidas sanitarias estarán presentes: entrada gradual, con uso obrigatorio de máscara, limpeza de mans e control de temperatura. Ademais, será imprescindible que os adultos presenten o certificado de vacinación para acceder. Os nenos e nenas poderán compartir os seus desexos cos Magos de Oriente como é tradición, iso si, mantendo a distancia de seguridade.

Tamén as súas maxestades os Reis Magos de Oriente confirman un ano máis a súa visita a Ramirás convidados pola Asociación Cultural Rebulir e contando co apoio do Concello de Ramirás e o Servizo de Protección Civil.

Será o vindeiro Mércores día 5 de Xaneiro, e farán un percorrido por diferentes lugares destas terras do Val do Tuño. Neste 2022, Melchor, Gaspar e Baltasar voltarán a percorrer diferentes núcleos tentando así evitar aglomeracións e xuntanzas multidinarias. Deste xeito, repiten o formato do ano 2021 e saudarán a cativas e cativos desde os seus vehículos oficiais evitando o contacto interpersoal.

Non se esquecen os Reis de O Barco de Valdeorras, cunha cita estática na praza do Concello a partir das 18.30. Os nenos e nenas que queiran ver aos Reis en O Pereiro de Aguiar terán que ir ao consistorio, previa inscripción.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?