Martes, 25 de Enero de 2022

Otras localidades

Centros investigación

Proxectos de investigación a prol das variedades autóctonas de cereais

O Inorde e o CSIC colaborarán a prol da recuperación do centeo e a avea negra

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández / Inorde

O centeo e a avea negra están entre as variedades autóctonas que o Inorde, en colaboración co CSIC, queren recuperar. Trátase dun convenio de colaboración entre ambas entidades encamiñado a realizar proxectos conxuntos naquelas áreas de interese común destas entidades.

Así o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e a vicepresidenta da Organización e Relacións Institucionais da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións científicas (CSIC), Rosina López-Alonso Fandiño, asinaron un convenio. Fernández asegurou que “o sector sexa capaz de aumentar a rendibilidade das súas explotacións a través dunha aposta decidida polo fomento da biodiversidade e a necesaria busca da sustentabilidade nun sector primario forte e vivo”.

Este protocolo de cooperación entre o Inorde e o CSIC permitirá a organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.

Doutro lado, o obxectivo ´é permitir a creación de liñas e proxectos de investigacións centradas na recuperación de variedades autóctonas de centeo e avea negra, baseados na colaboración do Inorde co grupo de investigación “Adaptabilidade e sustentabilidade de cultivos”. O grupo está integrado na Misión Biolóxica de Galicia e permitirá a mellora da adaptación dos cereais ás condicións agroclimáticas ourensás, posibilitando así un cultivo máis sostible.

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?