Martes, 25 de Enero de 2022

Otras localidades

RADIO RIBEIRO

Gran cribado en Ribadavia

Será no Pavillón Municipal de O Consello

Test de antígenos

Test de antígenos / Rosa Veiga (Agencia EFE)

Dada a situación epidemiolóxica da comarca, a pesar de que os casos maioritariamente están a resultar asintomáticos, e dado que se están a recibir un número inusual de persoas para solicitude de probas no PAC de Ribadavia, por medio do Servizo Galego de Saúde convócase aos veciños e veciñas a realizar un cribado masivo, test de Ag en saliva, para todo o ámbito do Punto de Atención Continuada, PAC comarcal de Ribadavia.

Co fin de evitar o colapso na atención primaria e poder prestar o servizo axeitado nos centros sanitarios, o Concello de Ribadavia pon ao dispór do SERGAS o Pavillón Municipal de O Consello para desligar a realización das probas dos centros sanitarios.

Coa realización deste cribado preténdese coñecer mellor a actual situación que existe no municipio e na comarca. A solicitude para realizar este test realizábase mediante autoinscripción, cubríronse todas as citas.

Os días da realización das probas test son hoxe de 15:30 a 20:30h horas e o xoves desta semana, no mesmo horario.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?