Actualidad
Cultura

Natalia Figueiras "O ano cultural 2022 non é un substituto da UPO"

A voceira da Plataforma NON ao Peche da UPO confía no futuro da Universidade, mentres aposta por celebrala

Os membros da Plataforma non ao peche da UPO e Jácome reuníronse en verán sen chegar a un acordo / Concello de Ourense

Ourense

 A finais de xuño un dos sons das rúas de Ourense era a voz do profesorado e do alumnado, quen saían á rúa para manifestárense en contra do que, entendían, era a decisión do alcalde de pechar a Universidade Popular. Logo chegaría unha reunión co rexedor sen acordo. Gonzalo Pérez Jácome defendía entón que o servizo se seguiría ofrecendo, pero con outro nome, doutro xeito e, quizáis, dende outra institución. Naquela altura afimaba que "en ningún momento cancelamos el servicios que se da a los ciudadanos". Ademais dicía que, no caso de chegar a un acordo coa Deputación, "se lo daríamos con un lacito rojo".

O 23 de decembro a UPO tivo a última clase do curso 2021. Iso na teoría, porque na práctica desaloxouse o espazo sen que pudieran facer efectiva esa despedida. Así as cousas, no 2022 xa non haberá universidade popular, tal e como confirmou Natalia Figueiras, voceira da plataforma non ao peche da upo, á luz da inacción do Concello, perante os trámites necesarios.

Iso si, a nivel administrativo a Universidade Popular está nun limbo porque se ben dende o concello se solicitou a baixa da UPO da Federación Española de UniversidadeS Populares, para que se faga efectiva requírese unanimidade plenaria. Acordo ao que non se chegou no pleno extraordinario no que se tratara esta cuestión,  pois 24 concelleiros apoiaron a UPO.

Figueiras é mestra, mais o alumnado tamén vai botar de menos a Universidade Popular. Un lugar para mergullarse na Educación ao longo da vida. Un exemplo, o de Antonio Fernández, que se apuntou á Universidade procurando estar activo na súa xubilación. Cóntanos que ademais da aprendizaxe era un espazo para facer comunidade.

Dende a plataforma en defensa da UPO resístense a que morra o seu espírito. Por iso, este mércores asinouse un convenio entre o Liceo e a Plataforma. Porén desde a Plataforma en defensa da UPO insisten en que isto "non substitúe a Universidade Popular, senón que a celebra". Agardan, ademais, que a UPO volva nun futuro.

 

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad