Política
Xunta Galicia

A Xunta culpa á Deputación de "vetar" a Marta Fernández-Tapias na presentación de Turismo Rías Baixas en Fitur

A delegada lamenta a ruptura da unidade na defensa do turismo de Galicia por intereses puramente partidistas , buscando unha vez máis unha "política de confrontación"

Marta Fernández Tapias en Fitur junto al vicepresidente de la Xunta / @martaftapias

Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández- Tapias, vén de ser vetada pola Deputación de Pontevedra para asistir entre o público á presentación da campaña de Turismo Rías Baixas en Fitur. Como xa intentou facer o ano pasado, nese caso no stand da Xunta, a institución provincial deu orde expresa de evitar nomeadamente a súa presenza no stand de Turespaña.

A Deputación de Pontevedra enviara unha invitación á Xunta de Galicia para asistir á presentación no stand de Turespaña. Cando a Xunta comunicou que a persoa que acudiría sería a delegada territorial en Vigo, a institución provincial deu marcha atrás. Nun escrito, a Deputación indica que “as normas establecidas por Fitur sinalan que os aforos son reducidos por mor da covid-19 e que as persoas asistentes teñen que ser de carácter nominal. A día de hoxe o aforo está completo e a Sra. Fernández-Tapias non forma parte da lista nominal pechada”.

Un feito “insólito” en opinión da propia Fernández-Tapias. Lamentou a ruptura da unidade entorno á defensa do turismo de Galicia protagonizada pola presidenta da Deputación e da que fai “seguidismo” o alcalde vigués, Abel Caballero. Ambos declinaron a participación das institucións ás que representan no espazo común da Xunta na Feira Internacional de Turismo que estes días se celebra en Madrid.

Tras ironizar sobre o feito de que “poida que o problema non sexa o stand”, a delegada territorial apuntou a intereses puramente partidistas na decisión de Silva e Caballero, primeiro para rexeitar a invitación da Xunta a participar no stand de Galicia e, segundo, para impedir a súa presenza na presentación da campaña provincial.

“É significativo e ten difícil xustificación que o Concello e a Deputación de Pontevedra sexan, das máis de 40 administracións e institucións que participan no stand da Xunta, as únicas que decidiron presentar sus propostas noutro espazo”, engadiu.

Así, tras aludir ao episodio sufrido na pasada edición de Fitur, na que a presidenta da Deputación de Pontevedra tratou de expulsala do stand do Goberno galego como recolleron as testemuñas e as imaxes da xornada, concluíu que “Silva e Caballero volven a facer alarde dunha falta total de cortesía institucional sen importarlles o dano que están a causar á imaxe que se proxecta de Vigo e da provincia”.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad