Teresa Vila: “Tardaron varios meses en diagnosticarme de lupus”

Desde a Asociación Galega lembran que a enfermidade presenta variedade de síntomas

Hoxe ás dez iluminarase a ponte romana polo Día Mundial do Lupus

Ourense

A diagnose do lupus entraña unha gran dificultade. Os signos e síntomas varían dunha persoa a outra e poden coincidir cos doutros problemas de saúde, por iso en moitas ocasións fálase do "grande imitador".

Ángeles ten 41 anos. Fai tres, cando lle deron o diagnóstico, non tiña nin idea do que era o lupus. Unha situación similar viviuna Teresa fai 27 anos, os síntomas que presentaba a levaron por diferentes áreas médicas sen resposta. Hoxe proporciona información dende a Asociación Galega de Lupus (AGAL), da que é delegada de Ourense. Dende AGAL traballa para “dar información a los pacientes, procurar un tratamiento médico adecuado, dar a conocer la existencia, colaborar con las instituciones para la prevención y tratamiento.

Cando Teresa tiña corenta anos saíronlle unhas manchas na cara, vermellas que se asemellaban a unhas ás de mariposa. A partir de entón comezou un tratamento co que continúa a día de hoxe. Polo camiño operacións de cadeIra e xeonllo. Porén os síntomas varían dunha persoa a outra.

O lupus é unha enfermidade autoinmune e pode danar órganos vitais. Porén, alén dos síntomas físicos, está a pouca conciencia pública, a incomprensión dos síntomas ou o impacto psicolóxico. Ángeles explica que tivo que adaptarse a unha nova vida na que “hoy estoy más o menos bien, pero mañana me puede dar un dolor de cabeza horrible y doler la rodilla”.

Dende AGAL estiman que esta enfermidade afecta a arredor de 300 persoas en Ourense, malia que os únicos datos en relación á incidencia que poden confirmar son as 40 persoas que hai na asociación. O 90% das persoas afectadas son mulleres en idade fértil, aínda que pode afectar tamén a homes e persoas doutras idades.

Tal día como hoxe é o Día Mundial do Lupus. Un día necesario perante o descoñecemento que existe arredor da enfermidade.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00