La Ventana de OurenseLa Ventana de Ourense

A ventá de Florencio: programa Letras Galegas 2022

Un podcast de Galicia a México con Gurriarán e de México a Galicia con tres mulleres mexicanas, que residen en Ourense

A ventá de Florencio: Letras Galegas 2022

20:01

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1652285653237/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Ourense

Un vieiro, explica a Real Academia Galega, é un camiño estreito, formado a forza de pasaren por el a pé, persoas e animais. Coa forza da radio e a literatura, percorremos varias vidas. A primeira comeza en Córgomo, no concello de Vilamartín de Valdeorras. É Florencio Delgado Gurriarán. A súa voz, foi rexistrada por Dolores Pla nunha entrevista feita na Cidade de Guadalajara en agosto de 1979. Florencio reflexiona sobre a súa vida, con acento mexicano pero sen perder de vista en ningún momento a súa Galicia.

Para coñecer quen é Florencio Delgado Gurriarán, o homenaxeado nas Letras Galegas 2022, falamos con Ricardo Gurriarán, Ledicia Costas, Héctor Cajaraville, Ramón Villares e Xesús Alonso Montero. Na historia de Florencio conflúen a de moitos outros. A urxencia de fuxir por ser diferente. Falar diferente. Pensar diferente. A guerra civil. A fuxida. A patria atrás. A incerteza diante.

A patria que deixas tamén ás costas cando emigras. Outro lugar, outra xente. Outro acento. Florencio irá, xunto a outros 5000 refuxiados españois, a México. Tamén está o camiño inverso. De México a Ourense. Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE), na provincia de Ourense viven 1599 persoas nacidas no país azteca. De todas estas, neste programa escoitamos a tres: Xochitl, Lluvia e María Eugenia.

Volvendo ao pasado, hai estimacións que indican que a México irán entre 1939 e 1942 entre 20 e 25 mil exiliados. O país é un dos poucos que abre as portas a todos aqueles refuxiados. A voz da acollida é a do presidente Lázaro Cárdenas. Neste programa escoitaremos ademais os sons de México.

Neste programa especial, no que participou o noso colaborador Sergio Pascual, aparecen moitas voces e contamos coa axuda da Real Academia Galega, de Julia Acevedo, de Mexicanos en Galicia e de Rosa María Guad Rivera.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad