Concepción Rodríguez: "Os hospitais comarcais facemos un labor moi importante"

As enfermeiras da provincia comparten a súa experiencia no Día Internacional da Enfermería

As enfermeiras amosaron, unha vez máis, a súa importancia na pandemia / cadena ser

Ourense

Coincidindo co Día Mundial da Enfermería, a área sanitaria provincial organizou unhas xornadas tituladas “As voces da pandemia”, que se desenvolverán até as nove da noite no Teatro Principal. Entre as voces que darán conta do vivido ao longo da pandemia, Concepción Rodríguez. Trátase dunha enfermeira do Hospital de Verín que traballa no servizo de urxencias dende fai vinte anos. Desde entón a súa realidade profesional evolucionou, aínda que recoñece que queda moito por avanzar: "Os hospitais comarcais quedamos un pouco relegados, parece que non facemos e facemos un labor moi importante. Estamos alonxados do mundo, pero damos cobertura a moita xente".

Entre as mudanzas na profesión, tamén están as que forzaron a pandemia. Ana María Rodríguez é supervisora da planta covid, quen acusa o cambio "na forma de traballar e de xestionar moitas emocións". Dende mediados de xaneiro é a supervisora, por iso "estou intentando poñerme ao día". Ana María lembra perfectamente o seu primeiro día traballando como enfermeira "foi o 17 de xullo de 2002 con moitos nervios e alegría". Esa alegría quebrouse na pandemia, momento no que Domínguez se cuestionou a súa continuidade na profesión. Porén, a vocación superou ás dificultades.

Este Día Internacional da Enfermería é importante no colectivo á hora de subliñar a importancia do seu papel no funcionamento do sistema sanitario, pero tamén á hora de facer reivindicacións. Malules Carbajo é secretaria xeral do sindicato de enfermería SATSE en Galicia e lamenta que "somos insuficientes, precisamos un aumento de plantilla en toda Galicia".

Un día como hoxe celébrase o Día Internacional de Enfermería co gallo do aniversario do nacemento de Florens Nightingale, considerada a fundadora da enfermería moderna. Unha profesión que, segundo datos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), segue a estar desenvolvida maioritariamente, nun 87%, por mulleres.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad