Sociedad

Aparece o corpo sen vida da moza desaparecida en Carballo

O cadáver de Galia Baba non presenta signos de violencia

Voluntarios de Protección Civil hallaron el lunes por la tarde el cuerpo sin vida de Galia Baba Chamah, la joven de 24 años desaparecida el pasado sábado en la aldea de Bértoa, en la localidad coruñesa de Carballo. Tras la aparición del cuerpo, la Guardia Civil ha constatado que "no se aprecian signos de la intervención de terceras personas en el fallecimiento". En el operativo de búsqueda participaron en las últimas horas efectivos del instituto armado, de Protección Civil y particulares.

Carballo recibiu a peor nova. O operativo de busca da moza atopou o seu corpo sen vida preto da Avenida dos Abetos. As primeiras investigacións descartan o móbil violento e tanto a súa desaparición coma o terrible desenlace parecen estar vinculados coa difícil situación persoal que atravesaba a vítima. Galia Baba, de 25 anos e orixinaria do Sáhara, desapareceu nesta fin de semana levando con ela cartos e a medicación que tomaba dende hai poucos días. O operativo de busca traballou a reo durante as últimas horas e acabou por atopar á moza dentro do perímetro onde se realizaba o rastrexo con maior intensidade.

Diversas fontes confirman que a xoven marchara por vontade propia e deixando unha extensa carta de despedida.

Dispositivo de búsqueda dende o sábado

A Axencia Galega de Emerxencias (Axega) puxo ao dispor dos axentes da Garda Civil o equipo técnico de drons para colaborar no dispositivo de busca desde a tarde do sábado no municipio de Carballo (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, recibiu na madrugada do pasado domingo a chamada dunha persoa da súa contorna para alertar da falta desta moza de 25 anos.

Tras informar os axentes da Garda Civil e da Policía Local, que xa coñecían o caso, púxose ao dispor deste operativo o apoio e axuda dos voluntarios de Protección Civil de Carballo e dos cans de rescate da agrupación de Oroso.

Despois dunha xornada sen resultados, na mañá deste luns uníronse á procura técnicos e drons da Axencia Galega de Emerxencias, tal e como solicitaron os axentes ao mando nesta operación.

Ademais, tamén este luns contouse coa participación do grupo canino especializado na busca de persoa, neste caso, da agrupación Casaga de Ferrol.

Segundo difundiu á primeira hora deste pasado domingo Protección Civil da localidade, a moza chámase Galia, ten 25 anos, é morena, de complexión delgada e mide 1,51 metros.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad